Novas e actualidade.

Día da Diabete con ANEDIA

Hoxe é un día especial na nosa escola: conmemórase o día da diabete, que a partir deste curso está presente no noso día a día.

As amigas de ANEDIA trouxéronnos a Raquel Queizás e aos seus contos para axudarnos a entendela e saber actuar. E que ben o pasamos!!!

Baila Roque, baila

O alumnado de infantil fomos ao teatro coa xente dos outros coles do concello!!! Pasámolo en grande e achegámonos á realidade dos contacontos e os guiñois. Graciñas ao Concello!!!

MAGOSTO 2019

Aínda que o tempo non nolo puxo doado, o alumnado de Abanqueiro celebramos o magosto con xogos populares e con moita castaña!!!

Coma sempre, graciñas á ANPA, que nos trouxo asador e asadoras para podermos merendar. Os tizóns quedan para a próxima ;)

https://youtu.be/4-xekZUYBok

MAGOSTO 2019

Aínda que o tempo non nolo puxo doado, o alumnado de Abanqueiro celebramos o magosto con xogos populares e con moita castaña!!!

Coma sempre, graciñas á ANPA pola súa colaboración. Que aínda que non houbo tizóns, houbo asador e asadoras!!!!

SAMAÍN 2019

No colexio de Abanqueiro pecháronse portas e fiestras para recibir con anticipo ao Samaín.

Grazas á rapazada de 6º polo conxuro, ao equipo de DL pola decoración e á ANPA pola merendola, polo tempo... por todo!

CELEBRACIÓN DE ANIVERSARIOS

Como xa fixeramos en setembro coa xentiña nacida na época estival, este mes xuntámonos as aulas de educación infantil para celebrar os aniversarios do mes de outubro. Música, merendola e festa rachada!

INICIAMOS PROXECTO DO MAR

Grazas á colaboración de Carolina e Aitana, tivemos unha performance no areeiro: convertímonos en mariscadoras e mariscadores por un día!!! Aprendemos como se faena e que mariscos viven principalmente nas nosas praias. Graciñas familias por axudarnos a aprender xogando!!!

PROGRAMA DE IGUALDADE E VIOLENCIA DE XÉNERO

Informámosvos do calendario de actividades previstas do programa de igualdade e violencia de xénero promovido pola ANPA NAPABÁN.

Agradecemos como sempre á ANPA a súa labor como membro da comunidade educativa.

A CONSELLEIRA DE EDUCACIÓN VISITA O NOSO CENTRO

A Conselleira de Educación, Carmen Pomar, visitou esta mañá o noso centro.

Interesouse por saber os nosos puntos fortes e tamén as nosas debilidades e necesidades.

O trato que tivo cos alumnos foi tan cercano que os máis pequenos incluso lle chamaban "profe".

Dende o equipo directivo agradecemos a súa visita ao noso centro.

PERÍODO ESTIVAL

Ante calquera consulta durante o período estival serán atendidos nos seguintes correos electrónicos:

ceip.abanqueiro@edu.xunta.es 

ceipabanqueiro@gmail.com 

Ou a través de Whatsapp ou Telegram_

    602 23 91 10

Bo verán!

AVISO IMPORTANTE: LIBROS DE 2º.

Infórmase que no listado de libros do 2º curso, que figura máis abaixo, hai un erro no libro de relixión. 

O libro que os alumnos deben mercar é o seguinte:

Relixión Católica. Editorial Rodeira (lingua galega).

ISBN 978-84-8349-398-4

XORNADA ÚNICA 17/ 18. PROXECTO E INFORMACIÓN RELEVANTE.

Informamos das datas definitivas e do proceso que se vai seguir para a Xornada Única. Adxuntamos tamén o PROXECTO da xornada e o TRÍPTICO definitivo con toda a información actualizada.

Estimados pais/nais.

Comunicamoslles que:

-Está exposto o censo de pais e nais de alumnos do centro para a súa consulta. Rogamos que se ven algún erro no lo comuniquen para subsanalo e poidan votar.

-HABERÁ REUNIÓN INFORMATIVA o martes día 28 de marzo de 2017, ás 18:00 horas, neste centro para  dar resposta ás posibles dúbidas sobre a Xornada Única.

- CELEBRARÁNSE AS ELECCIÓNS o martes día 25 de abril de 2017.

-A mesa electoral estará aberta dende as 9:15 a 13:15  horas e de 15:00 ata ás 19:00 horas.

Lembrámoslles que só pode votar un membro da familia (o pai/ nai ou o titor legal) e para poder exercer o voto deberá presentar o DNI, carné de conducir, pasaporte ou algún documento oficial que acredite a súa identidade.

Consideramos que o seu voto, sexa cal sexa, é moi importante, polo que nos vemos na obriga de pedirlles que asistan a votar.

Gracias.
     
O director.                 
Carlos Suárez Gago

ENTROIDO EN ABANQUEIRO 2015

Plan Director para la Convivencia y Mejora de la Seguridad en los Centros Educativos y sus Entornos

http://www.policia.es/org_central/seguridad_ciudadana/unidad_central_part_ciudada/art_ciudadana_poli_escuel.html

http://www.pantallasamigas.net/

https://www.youtube.com/user/pantallasamigas

http://www.pantallasamigas.net/ayuda-para-madres-y-padres.shtm

ENTROIDO 2015 EN BOIRO

Distribuir contido