Skip to Content

Actividades

Concurso Baristas Boiro 24

Aquí tedes algunhas fotos do Concurso de Baristas... Un día xenial.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Baristas Boiro 24

Estimulación multisensorial: a vista

Dende a aula de Estimulación Multisensorial queremos achegarvos as últimas actividades do curso, nas cales suxerimos unha serie de tarefas para que poidades desenvolver o sentido da vista.

Esperamos que vos guste, de igual modo que tamén desexamos que pasedes unhas boas vacacións.

Descargar o arquivo premendo aquí.

Psicomotricidade na casa

Traémosvos actividades para continuar reforzando a psicomotricidade dende a casa nos próximos días. Concretamente, estes xogos permiten traballar o ritmo e a expresión corporal. Algúns son moi sinxelos e outros máis complexos.  

A pasalo moi ben! 

 

 Preme en aquí para descargar estas actividades! 

Actividades multisensoriais: o oído

Chegou a hora de preparar as orellas e poñer a punto os nosos oídos para poder gozar coas actividades que vos propoñemos a continuación. Esperamos que vos gusten!

 

                                    

Para descargar o arquivo, preme aquí.

Psicomotricidade na casa

Nos vindeiros días imos practicar a relaxación na casa, co cal poderemos traballar ao mesmo tempo diferentes contidos como a percepción e a discriminación de estímulos sensoriais, a orientación espacial e temporal ou a coordinación e control da respiración.

Por suposto, podedes cambiar as cancións que se suxiren por calquera outra que axude ao rapaz ou rapaza a relaxarse. Desfrutade!

Para descargar o arquivo, preme en adxunto.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut