Skip to Content

EBO Nivel 1

Actividades Nivel 1: a primaveira

Para o Nivel I (aula Bea) ademais de continuar traballando nas actividades globalizadoras sinaladas con anterioridade na páxina web do centro, engádense este trimestre outras orientadas á interiorización da nova estación "A Primavera".

Para iso, podedes descargar o documento en adxunto, e ver que vídeos podedes visualizar cos vosos fillos e fillas na casa! Esperemos que os disfrutedes!

Aquí tedes un exemplo dos vídeos relacionados coa primaveira que podedes ver!

              

             

Actividades Nivel 1

A profesora Rocío (Nivel 1) nos envía unhas actividades que están deseñadas para traballar aspectos relacionados cos distintos campos dentro da estimulación sensoriomotriz (psicomotricidade, multisensorial).

No noso centro, ademáis de traballar aspectos relacionados co deseño do currículo, traballamos todo o relacionado coas percepcións do noso corpo ben a nivel da psicomotridade como a través dos diferentes sentidos.

E por iso, que deixamos diversas actividades que todo o mundo pode traballar na súa casa, xa que, non necesita o uso de ningún material específico.

As actividades que a continuación se presentan, van específicamente dirixidas a aquel alumnado que polas súas características non é capaz de seguir o currículo académico propiamente dito pero, que si se consegue desenvolver moitas capacidades básicas a partir de este tipo de actividades. Non por iso, deixan de ser actividades que pode realizar todo o alumnado, xa que, todo o mundo, se pode aproveitar destes campos, que pola nosa experiencia no centro fan desfrutar a todos os neno/as.

Para poder visualizalas, descarga o arquivo en adxunto.

Proposta actividades Nivel 1

A profesora Bea (Nivel 1) envíanos a seguinte proposta de actividades. Están orientadas ao alumnado con plurideficiencias engadidas e precisan a interacción do adulto para favorecer a comunicación e relación a través da estimulación integral do neno/a, utilizando como canle o ámbito sensorial.

Descarga o documento dándolle a adxunto! 

Esperemos que vos sexa de utilidade!

Actividades recomendadas Nivel 1

A continuación, podedes descargar dous documentos elaborados polas profesoras de Nivel 1 Patri e Monste, cunha serie de tarefas ou ideas para realizar no domicilio cos estudantes de Nivel 1, relacionadas coa autonomía, rutinas diarias ou o proceso lectoescritor (entre outros aspectos).

Pincha en adxunto para descargar os documentos.

Distribuir contido


by Dr. Radut