Skip to Content

A primaveira

Para traballar a estación da primaveira, o profesorado do CEE Terra de Ferrol enviou fotografías e imaxes feitas dende as súas casas ou xardíns.

Fixemos este vídeo para que o noso alumnado goce das cores e da beleza da natureza desta primaveira. Dende casa, podedes traballar o desenvolvemento dos sentidos a través do mesmo, a percepción visual, o vocabulario e a linguaxe oral e a comprensión e expresión comunicativa a través da visualización da diversidade de imaxes contidas no mesmo.

Esperemos que o disfrutedes moito!

 

             



page | by Dr. Radut