Skip to Content

Psicomotricidade e Educación Física

Programa de psicomotricidade

O termo psicomotricidade integra as interaccións cognitivas, emocionais, simbólicas e sensorio-motrices na capacidade de ser e de expresarse nun contexto psicosocial. 

O obxectivo xeral en psicomotricidade será favorecer o dominio do movemento corporal, desenvolvendo as potencialidades de cada un para facilitar a relación e a comunicación que o alumno/a vai establecer cos demais, co mundo e cos obxectos.

 

Para acadar este obxectivo xeral, o traballo parte de diferentes áreas:

  • Áreas perceptivas

    • Sensoriais (percepción visual, auditiva, táctil, olfactiva e gustativa).

    • Espacial.

    • Temporal.

  • Áreas motrices

    • Movementos e coordinacións xerais.

    • Esquema corporal.

    • Coordinación manual.

  • Área de comunicación e linguaxe

 

O medio para levar a cabo as nosas actividades será o xogo, con diferentes graos de complexidade en función das características de cada neno/a, alternando ao mesmo tempo o xogo dirixido co xogo libre e estimulando en todo momento a iniciativa do alumno/a.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut