Blogue biblioteca

As Familias tamèn contan

Ao longo de esta semana, conmemorando a semana do Libro, as mamàs de Laura, e de Carmen viñeron a contarnos uns contos à biblio, gustóunos moito a súa visita e os contos que nos viñeron a ler 

 

 Tamèn viñeron Vera e a súa mami Esme, que forma parte da nosa gran familia, e fixeronnos rir moito coa súa contada.

 

 

 E a mami de Víctor enviounos un conto moi fermoso que puxemos en video e nos gustou moito moito!!

 

 

Moitas gracias mamis por contarnos estes contos, e por adicar un pouquiño do voso tempo para nós!!

 

 

Día Mundial do Arte

O domingo día 15 celebrouse o día mundial do Arte.

Datos curiosos:

- Foi declarado como tal pola Asociación Internacional do Arte para promover a actividade creativa en todo o mundo.

- A data elexiuse en honor ao nacemento de Leonardo Da vinci, quen foi seleccionado como símbolo mundial de paz, liberdade de expresión, tolerancia,. Fraternidade, e multiculturalismo.

Hoxe na Biblio quixemos facer un guiño a este día tan simbólico cos nosos pequenos grandes artistas das aulas 5 e 6.

Fixeron as súas obras de arte con flores, un martelo e moita creatividade.

Quedaron tan bonitos que quedaron decorando a biblioteca de forma moi primaveral 

Verdade que quedaron estupendos?

 

   

BOOKFACE

Outra das actividades de esta semana do Libro è botarlle cara!!atrevete a sacar unha foto coa cara de un libro?... Acércate ao corredor da biblio elixe o que mais che gusta e saca Unha foto!!, Mérida estarà feliz de vervos a tod@s!!

                          

BIBLIOPATIO

Arrincamos a semana do Libro coa exitosa estrea da Nosa bibliopatio!!!, Mérida sacou a relucir hoxe os seus tentàculos polo patio do cole, coa nosa bibliopatio cargadiña de contos que fixeron as delicias de tod@s!!. Dende hoxe sairà cada día para que disfrutes dos contos no recreo!!

 

                                       

Día dos bicos

Onte foi o día internacional dos bicos, e como no Santa María os bicos nos gustan tanto este día tiña que ser especial, Lujàn ,Marta, e Lorena preparàronse para ir a contar un conto da biblio aos seus compañeiros das aulas 4 e 5, que disfrutaron moito do conto De què cor è un bico, despois de escoitalo moi atentos David,Lucía Sofia decoraron uns bicos gigantes moi fermosos, e Aslhey, Laura, Ainhoa e Brais agasallaron polo cole a todos os seus compañeiros e profes con bicos e fixeron unhas tarxetas de bicos de cores para as suas familias 

Aquí tedes un resumo en imaxes de estas actividades tan besuconas               

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE ABRIL

Este mes temos moitas cousas que conmemorar na Biblio!!, Dende o día do 80 aniversario do Principito, a primavera, o día do libro.. por eso Mérida fixo esta selección de contos para vos, pasade pola biblio para velos!!!, Agardanvos moitas sorpresas!!!

 

 

                        

Día do libro Infantil

Hoxe è o día do libro infantil, e ainda que estamos de vacacións, Mèrida non quere deixar pasar por alto está celebración, por qué no Santa María nos gustan moito os contos, e seguiremos contando moito no vindeiro trimestre!!, Aproveitade as vacacións para leer moito e que vos lean, pq os libros son soños que temos nas mans...

Aquí vos deixamos imaxes dos xa lidos,,, na Biblio, nas aulas, no salón de actos, na sala de xogos, incluso na muralla da Nosa cidade, calquera lugar è bo para contar un conto!, Que lugar è o voso favorito para leer?  

 

 

Doce Primavera

Hoxe na Biblio despedimos o trimestre dando benvida a primavera, fixemos flores de Biscoito moi doces, ademàis feito cos ovos das nosas pitiñas, disfrutamos como sempre cociñando e compartindo bos momentos, as aulas 4, 5 e 6 despedíronse así ata a volta de vacacións!!!

Mérida desexavos boas vacacións a todos 

 

 

Día Mundial de Concienciación das persoas con TEA

O 2 de abril conmemorase o Día das persoas con TEA, no cole estaremos de vacacións, por eso queremos adiantarnos e non irnos sen deixarvos este vídeo que resume todo o traballo colaborativo de estes días entre o Ceip Manuel Mallo Mallo e o noso cole. O cazo de Lorenzo é un conto metáforico para falar das diferencias. Trata da superación dun neno con dificultades para sobrelevar o día a día, con este conto quixemos traballar esas dificultades e necesidades que teñen que sobrelevar as persoas con TEA así como todas as habilidades que posúen, poñendo o noso gran de area para comprenderlas,e visibilizar tamèn entre o alumnado que todos temos fortalezas e dificultades, todos nós temos o noso CAZO, e o voso? cal é?

 

 

                           

Os nosos "Cazos"

Onte ademàis de vir a contarnos o conto e convivir, os nosos alumnos e alumnas e o alumnado do CEIP Manuel Mallo Mallo intercambiaron os seus cazos para crear un mural conxunto, que xa loce así de bonito en ambos centros!!, Para conmemorar o 2  de Abril día de concienciación das persoas con TEA. Convivindo e con experiencias tan bonitas como esta è a maneira de que a inclusión sexa realidade!!Gracias de novo por acompañarnos aos rapeces e as súas profes nesta aventura!!