Blogue biblioteca

Reto de Outubro Superado

Así traballaron nas aulas o reto de Outubro!!, xa son todos uns expertos nos productos da horta de Outono!!

Moi Ben Rapaces!!!a polo próximo reto!!!

 

 

 

 

Castañas e Castiñeiros

Hoxe o alumnado de Xardinería e Peiteado puxeron a xerminar castañas, para que no día do Magosto, non só as comamos, se non que cada aula plante o seu castiñeiro, para a nosa Horta dos Sentidos

 

              

Aquelarre na biblio

Hoxe no recreo na biblio houbo unha sorpresa para catro bruxiñas pequenas e unha bruxa maior que se achegaron a pasar alí a hora de lecer, fixeron un pequeno aquelarre, e nel unha pócima máxica para conseguir a felicidade eterna, ademáis ollaron e escoitaron da man da profe Mila historias espeluznantes de bruxas!!!pasàrono fenomenal!

 

Cociñando con Cabazas

Esta semana a biblio convesteuse nunha cociña moi especial. As aulas 14 e 15 fixeron cabelo de anxo con cabazas e uns doces moi saborosos,as aulas 1, 3 e 5 un biscoito de cabaza delicioso e escoitaron da man de Escarlen e Marta o conto de Sopa de Cabaza, e Peiteado e Xardinería fixeron unhas galletas terroríficas para chuparse os dedos!!!

Día das Bibliotecas con Emma Pedreira

Hoxe no día das bibliotecas visitounos Emma Pedreira, que coa súa maleta azul e a súa dulzura enseñounos que os libros hai que leelos con todos os sentidos, e que unha biblioteca pode estar chea de libros moi raros!, grazas por achegarnos unha visión dos libros tan diferente e maravillosa Emma!!

 

 

 

Dani

Dani é hoxe o noso protagonista!!,foi nomeado axudante oficial de actividades STEM na biblio e fai moito máis amenos os recreos chuviosos dos seus compañeiros e compañeiras!!!así de entretidos estiveron hoxe!!!, gracias pola túa axuda Dani!!!

  

Panadeiros no Santa María

Esta semana foi o Día do Pan así que as aulas 1 e 3 puxeron as mans na masa. 

A partir do conto "Maruxa", tivemos unha experiencia sensorial amasando o noso propio pan. 

Ademais, degustamos dous tipos de pan diferentes e ata intentamos pintar con el.

Tempo de Castañas

As aulas 14 e 15 estuveron traballando no PDI da biblio, e déronse unha boa homenaxe con un froito típico do outono, Castañas!!!

Día do cáncer de mama

Hoxe na biblio elaboraron lazos para dar visibilidade ao día do càncer de mama 

 

 

DÍA DAS ESCRITORAS

Hoxe tivemos a gran sorte de recibir a nosa xa amiga Ana Meilàn e celebrar con ela o día das escritoras que se conmemorou o luns.

 Alexandra futura escritora e alumna de Peiteado, converteuse con unha gran ilusión na súa axudante!!, fumos escritorAs por un día xunto a ela, e ademàis os máis peques tiveron a sorte de escoitar a historia de Rigoberto. Gracias por todo o cariño e agasallarnoa de novo coa túa presencia Ana