EXPEDICIÓN FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Feliz Día das Letras Galegas!!

Para conmemorar este día, as aulas 5 e 6 do CEE Santa María grabamos un programa de radio no que, coa axuda da nosa máquina do tempo, fixemos unha viaxe ao pasado pola vida de Francisco Fernández del Riego, a quen se homenaxea neste Día das Letras Galegas 2023.

 Para escoitar o noso programa, só tes que premer no seguinte enlace:

https://go.ivoox.com/rf/108421631

 

Con este programa de radio, presentámonos ao V Concurso de Podcasts e Radio na Biblio, un proxecto da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.