Blogue de Sofia

DOCUMENTAL "AS CATRO FANTÁSTICAS"

Por medio deste documental, o alumnado da aula 6 recolle un traballo de investigación realizado durante varias semanas en torno a mulleres que, a pesar de ter profesións moi distintas, todas elas traballan dun xeito ou outro con aspectos relacionados coa linguaxe e a comunicación.

Este conxunto de actividades foron propostas por Alba, a nosa mestra en prácticas.

Esperamos que vos guste!

 

 

 

CONCURSO DE MAIOS

Esta semana celebramos un concurso de Maios no CEE Santa Maria.

Os Maios son unha festa popular galega na que se ensalza a exaltación da natureza que sucede coa chegada da primavera.

Así quedaron!

Ata tivemos unha entrega de premios, noraboa a todos os participantes!!

Estes foron os gañadores:

1º premio: Aula 5

2º premio: Aula 7

3º premio: Aulas 8 e 9

  

EXPEDICIÓN FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Feliz Día das Letras Galegas!!

Para conmemorar este día, as aulas 5 e 6 do CEE Santa María grabamos un programa de radio no que, coa axuda da nosa máquina do tempo, fixemos unha viaxe ao pasado pola vida de Francisco Fernández del Riego, a quen se homenaxea neste Día das Letras Galegas 2023.

 Para escoitar o noso programa, só tes que premer no seguinte enlace:

https://go.ivoox.com/rf/108421631

 

 Con este programa de radio, presentámonos ao V Concurso de Podcasts e Radio na Biblio, un proxecto da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

A GOTA DE AUGA

As aulas 5 e 6 estiveron traballando neste vídeo, no que se representa unha historia titulada "A gota de auga" e na que se trata a importancia da auga de choiva na agricultura.

O video grabouse ao revés, para facelo máis inxenioso e divertido; e posteriormente os propios alumnos editárono empregando as tablets da aula.

Que vos parece o resultado?

 

 

DIA DA METEOROLOXÍA

Como cada 23 de marzo, celébrase o Día Mundial da Meteoroloxía. Dende o CEE Santa María, queremos celebralo compartindo algúns rexistros do tempo que temos nas nosas aulas e que se adaptan aos distintas características do alumando.

 

  

    

 

DÍA INTERNACIONAL DA RADIO

Hoxe, 13 de febreiro celébrase o Día Internacional da Radio e dende o CEE Santa María quixemos celebralo por medio da grabación do noso primer programa da Radio INDIRESTO.

O nome da rádio está formado polas palabras INclusiòn, DIversidade, RESpeto e TOlerancia; pilares fundamentais do noso centro educativo.

Esperamos que disfrutedes deste primer programa tanto como nos grabandoo.

Para escoitalo só tedes que premer no seguinte enlace:

https://go.ivoox.com/rf/102928589 

 

NEVE NO CEE SANTA MARÍA

Estas semanas de tanto frío, estamos a traballar o inverno por medio de diferentes actividades relacionadas coa neve.

Creamos neve usando bicarbonato e auga:

  

 Disfrutamos de diferentes mesas sensoriais:

   

 E creamos os nosos propios copos de neve: