Blogue de Mila

Feliz 2024

Os nosos mellores desexos para o 2024!!!, que a maxia, o soños, a alegría e os bos momentos sexan o motor que nos mova neste novo ano

 

 

 

FELICES FESTAS

A comunidade educativa do CEE Santa María queremos desexarvos un moi bo nadal e un 2024 cheo de ledicia e soños cumpridos!!!

Felices Festas 

Bo Nadal

O equipo de biblo do CEE Santa María queremos desexarvos un nadal cheo de contos!

 

San Silvestre

 

A semana pasada fixemos a nosa San Silvestre en tres categorías!!!, noraboa aos corredores gañadores! 

DÍA DO SUELO

Hoxe e o día do Suelo, e o PF de peiteado fixo a recreación das capas do mesmo.con galletas, flan, plasti e bichitos, aprenderon moitas cousas sobre as diferentes capas, así como a importancia de cada unha de elas, e o resultado... daba ganas de comelo!!! 

  

 

 

Chegou o Nadal

Hoxe as aulas 5,6,8 e 9 fixeron un obradoiro no que crearon oa seua propios adornos para a árbore de Nadal do piso de arriba do cole, quedáronlles ben bonitos!!!, sen duda a àrbore lucirá ben fermosa!!!

                     

Agrupamentos Lectores

En novembro comezaron de novo os agrupamentos lectores de Mérida, nesta ocasión co conto A colleita de Ratón, as aulas 1,6 e 15 por unha banda e as aulas 3,5 e o Programa Formativo de Xardinería xuntáronse e fixeron as súas contadas de xeito moi especial, unha delas de forma sensorial e ata levou de agasallo un garbanzo para xerminar!!!