Blogue de Mila

Muller e Nena na Ciencia

O día 11 foi o día da Muller e a Nena na Ciencia, estabamos de vacacións de entroido pero non queremos deixar pasar esta conmemoración por iso ao longo da semana faremos xogos, investigaremos sobre mulleres científicas importantes e descubriremos moitas cousas increíbles sobre a ciencia e o papel da muller nela!!!

 

            

CONCURSO PIOS DE AMOR

O equipo de Biblioteca xunto co de Dinamización convocamos por segundo ano consecutivo o concurso Píos de Amor, este ano había que dar vida a un Quérote Máis que... e este foi o resultado, os  premiados foron as aulas 1,5, 14 e 15 pero  cousa estivo complicada para o xurado, xa que houbo moita orixinalidade e todos obtuveron premio... e vós queredes máis que...?

 

                 

 

Pelos Locos

Hoxe as chicas do Programa Formativo de Peiteado fixeron o día dos "pelos locos", e puxeronos así de guapos e guapas a tod@s!!!

Seguimos de Entroido!!!

 

 

 

 

PALABRARIO DAS FERRAMENTAS DA HORTA

Reto de Xaneiro superado!!!!, xa coñecemos moitas palabras das ferramentas da horta!!!, que reto tocará en febreiro?

 

II Concurso Píos de Amor

Dende o equipo de Biblio xunto co de Dinamización da Lingua Galega comvocamos a segunda edición do concurso Píos de Amor... 

quérote máis que....

 

Amorosas recomendacións lectoras de febreiro

 

 

Comeza Febreiro, o mes do amor, a amizade, San Valentín, A Candeloria, casanse os paxariños... e chegan tamén as recomendacións lectoras de Mérida, non podía ser de outra maneira estas lecturas tan amorosas están a esperarvos na Biblio!

 

DÍA DOS LEGO

Onte celebrouse o día de Lego así que hoxe aprobeitamos este estupendo día de Sol para sacar a nosa mesa da biblio ao exterior e recrear figuras, un corazón, unha flor... e deixar voar a imaxinación