BIBLIOTECA

Avanzando polo camiño

09/04/2023

O Meco presentado polo equipo de dinamización lingüística no carnaval tiña tamén un “toque” de peregrino:

 

 

O entroido xiróu entorno aos comics… O CEE María Mariño encheuse de superheroes, detectives, axentes secretos, o Xabato, o capitán Trueno…

Tamén desde a biblioteca, apoiando ao PFFPB de xardinería e viverismo, preparamos unha mochila viaxeira cunhas actividades sobre o libro “El jardín secreto”, de Frances Hodgson Burnett. Este comic, ilustrado por Maud Begon, fálanos do crecemento persoal dunha nena chamada Mary e do seu amigo Colin. Cóntanos como van madurando pouco a pouco, e pasan de ser uns nenos caprichosos e desgraciados a ser uns nenos maduros, felices e positivos ante o mundo. Todo esta evolución lógrase grazas á axuda da xente boa que lles rodea e a un xardín secreto e misterioso que lles ensina a entender a natureza en xeral e a xardinería en particular.

   

 

As tres especialidades de Formación profesional, os PFFPB de xardinería e viveirismo fixeron un taller de iniciación ao debuxo de comics, nunha librería especializada da Coruña, impartido por un dibuxante profesional.

 

A biblioteca serve de espazo para outras actividades organizadas polos equipos de dinamización do centro: contacontos, día da ciencia, robótica no entroido, charlas sobre ciberbulling...

As nosas carteleiras

09/04/2023 16:53

A carteleira da planta baixa a decoramos con follas da arbore quizais máis emblemática de Galicia, o carballo, moi abundante na paisaxe pola que discorre o camiño. Algunhas das presentacións de libros que fixemos foron as seguintes:

   

Carteleiras sobre o Samaín e sobre o 25 de Novembro, día internacional da eliminación da violencia contra a muller

   

Carteleira sobre o Nadal e sobre o día da Paz.

   

Carteleira sobre o día de Rosalía e do día da muller traballadora.

Estamos a traballar tamén na carteleira do segundo soto, para os máis maiores.

Traballando na biblioteca...

09/04/2023

- A partires da información contida na Bibliomóbil, o alumnado realiza as diferentes propostas dos diferentes equipos de dinamización. Por exemplo, no caso dos comics:

 

 

 

 

... ou sobre o día da candeloria:

 

- Na entrada do noso centro os alumnos do PFFPB de Reprografía prepararon un espazo que dedicaremos a traballar sobre a igualdade entre homes e mulleres. A partir da iniciativa do equipo de actividades complementarias e extraescolares, facemos este primeiro homenaxe a  campioa de atletismo adaptado Adiratou Iglesias Forneiro (Lugo)

 

 

- Enfronte da carteleira de “Camiñando en igualdade”, o alumnado de Reprografía preparou outro soporte para o noso Proxecto de centro sobre o Camiño de Santiago: “Iniciamos o Camiño”. A partir das actividades propostas polo equipo de biblioteca, as distintas aulas traballan sobre un tramo do camiño coñecendo a súa paisaxe, gastronomía, monumentos, etc. Os resultados destes traballos de investigación , colocamolos neste panel na entrada do CEE María Mariño:

 

 

 

-Traballamos tamén na biblioteca co croma, para as fotos de aula que aparecen no mural:

 

Iniciamos o PLAMBE no CEE María Mariño

05/03/2023

- Tras presentar o proxecto requirido, fomos admitidos neste curso 2022-2023 no PLAMBE, no PLAn de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia

- Trátase dun plan sostido no tempo que persegue a mellora e dinamización das bibliotecas dos centros formativos pertencentes a Xunta de Galicia.

-O noso proxecto de biblioteca para este curso 2022-23, tratará sobre algo tan importante na historia de Galicia como é o Camiño de Santiago. Con esta temática de fondo iniciamos unha serie de actividades, como esta de presentación do proxecto ao resto da comunidade educativa:

 

Ver video de presentación

   

Texto de presentación e traxe da Orde de Cabaleiros e Damas do Camiño de Santiago pertencente a don Arturo Pereiro Vilariño, pai da nosa compañeira AL, Belén Pereiro Rozas.

 

 

- Desde a biblioteca, estamos aprendendo a saber que é iso do Camiño de Santiago, e que representan todos os símbolos que falan de el: que é a Compostela, porqué hai tantas frechas pintadas polo camiño adiante...

   

- As nosas mascotas para este ano serán Raspita e Pelegrín.

 

 

- A Bibliomóivil estivo tamén activa: preparamos un carriño para promocionar o noso proxecto sobre o Camiño de Santiago polas aulas: comics, libros, xogos de mesa, unha caixa con material de debuxo e diversas actividades propostas, un xogo para diferenciar as follas do carballo das follas do cerqueiro...

- Todos os equipos de dinamización do centro (actividades complementarias e extraescolares, dinamización lingüística, tecnoloxía de la información e as comunicacións e biblioteca), traballamos de forma conxunta e coordinada, co enfoque xeral do proxecto de centro sobre o camiño de Santiago

- Para apoiar as actividades dos outros grupos de dinamización fixemos máis carriños de Bibliomóbil:

- Todos os equipos de dinamización do centro (actividades complementarias e extraescolares, dinamización lingüística, tecnoloxía de la información e as comunicacións e biblioteca), traballamos de forma conxunta e coordinada, co enfoque xeral do proxecto de centro sobre o camiño de Santiago

 

- Para apoiar as actividades dos outros grupos de dinamización fixemos máis carriños de Bibliomóbil:

   

Sobre o comic e sobre o día da candeloria

- Preparouse tamén un carriño Bibliomóbil sobre primeiros auxilios no camiño (“Saúde na Biblio”). A partir da información e as actividades contidas nel, organizouse a visita de tres enfermeiros e enfermeiras profesionáis que impartiron unha sesión práctica de gran interese para o noso alumnado: medida da tensión arterial e dos latexos do corazón, vendaxes, como se curan as feridas...

Ver video de presentación “Saude no camiño”

Distribuir contido