Grupo P.F.B (Restauración)

II CAMPIONATO BARISTA

O mércores 15 de maio Joel e Rafa estiveron representando ao CEE Infanta Elena no II Campionato Barista de colexios de educación especial que se celebrou no Pazo de Goiáns en Boiro.

Ao remate do campionato celebrouse a entrega de premios e despois unha comida para todos os asistentes.

O alumnado e o persoal do centro que non puideron asistir ao campionato estivérono vendo en directo todos xuntos dende o salón de actos do colexio.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer