MOMENTOS MÁXICOS

A estas alturas do curso xa non nos cabe ningunha dúbida de que o equipo de Restauración, todos e cada un dos alumnos e alumnas que o conforman son máxicos e fan deste un grupo sobresaínte.

Esta semana queremos dedicarlle esta homenaxe a un integrante do equipo que ten alma de poeta e que prefire manterse no anonimato, pois ben sabedes que os artistas teñen estas rarezas.

Estas son as verbas que nos dedicou e que hoxe compartimos con vós dende a ledicia coa que as acollemos, saídas dende o máis fondo do corazón.

Grazas artista e que medre a poesía!!!

Feliz semana a tod@s.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer