COMEDOR ESCOLAR
O comedor escolar é un servizo complementario de carácter educativo que presta a Administración educativa e que contribúe a unha mellora da calidade do ensino. Ademais de cumprir unha función básica de alimentación e nutrición, desempeña unha destacada función social e educativa, por iso, os comedores escolares están integrados na vida e organización dos centros educativos.
No centro contamos cun comedor no que damos catro comidas ao día: Almorzo, xantar, merenda e cea, debido a que como sabedes contamos con internado.
Ao xantar come a totalidade do alumnado.
Almorzo, merenda e cea realízase para os rapaces e rapazas do internado.
A elaboración dos menús é supervisada polo doutor do centro.
Cada venres o alumnado leva o menú da vindeira semana e tamén o podedes ver nesta páxina web.
Na entrada do Centro temos un taboleiro onde colocamos o menú do xantar .