NADAL
Enviado por Laura Pérez o Dom, 24/12/2023 - 14:21Durante este mes de decembro realizamos varias actividades de Nadal.
INTERCAMBIO DE POSTAIS DE NADAL CO CEIP Ramón de Artaza y Malvárez (Muros).
Para a realización desta actividade colaboramos de novo co Equipo de Biblioteca. Este, encargouse da parte exterior e propuxo para os grupos empregar tea como elemento protagonista das composicións e os programas formativos coser algún símbolo do Nadal (agasallo, bóla, árbore...). O EDLG encargouse do interior por medio da escrita: os programas formativos responderon a unha serie de cuestións propostas polo centro co cal intercambiamos as felicitacións e os grupos pegaron pictogramas con palabras e frases para felicitar o Nadal.
Quedaron moi bonitas e a que máis gustou (por votación) foi a escollida para felicitar as festas dende o noso centro.
ACTIVIDADES DA TEMÁTICA DO NADAL EN GALEGO
Repartíronse polas aulas diferentes carpetas con actividades en galego da temática do Nadal con diferentes niveis de dificultade e cada titor/a escolleu cales realizar co seu alumnado.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- …
- seguinte ›
- última »