blogue deJesus Rodriguez

PARTICIPACIÓN NO XI CAMPIONATO DE CATA DE CAFÉS DE ESCOLAS DE HOSTALERÍA DO IES DE FOZ

O Mércores 21 de febreiro estivemos participando no  XI Campionato de Cata de Cafés de Escolas de Hostalería no Ies de Foz. O noso alumno Joel Rodríguez tivo que realizar catro probas:

  • Proba de avaliación sensorial de sabores básicos: Joel tivo que identificar 10 mostras de sabores  de ácedo, amargo, doce e salgado.
  • Proba de cata brasileña de café: Joel tivo que identificar a cegas cinco tazas de café  nas cales había un Arábica lavado, un Arábica natural, un Robusta natural, un Honey e un Café especialidade.
  • Proba de aromas: Partindo dos 36 aromas básicos da Nez du café, Joel tivo que identificar os 10 aromas que foron elixidos ao chou.
  • Proba escrita: Joel tivo que respostar a 12 preguntas sobre o tema do mundo do café.

Neste campionato participan alumnos de Escolas de Hostalería de Galicia, Madrid, Cantabria, León e Canarias, son alumnos de Ciclos medios e Ciclos  superiores, excepto o CEE Manuel López Navalón de Santiago e o CEE Infanta Elena de Monforte que imos cos nosos alumnos de programas formativos. 

Destacar o maravilloso posto número 9 que acadou Joel entre 14 participantes.  Non é doado superar o nivel que teñen os alumnos de Ciclos.

Joel estivo arroupado polos compañeiros e os seus profesores do seu grupo de clase de Restauración.

Moitos parabéns para o noso alumno que disfrutou moito da experiencia e estamos seguros de que aprendeu e descubriu algunha cousiña nova.

O fixo xenial!!

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer