METEOESCOLAS

O OUTONO 1º TRIMESTRE

O grupo IV realizou as seguintes actividades, relacionadas co Outono: Identificamos os distintos froitos da estación, fixemos diferentes tarefas plásticas, empregando elementos naturais da contorna, empregando as  cores predominantes. Traballamos as características principais da estación e discriminamos mediante situacións de xogo, diferentes elementos do Outono. Observamos nas nosas rutinas diarias, os cambios que acontencen no tempo atmosférico e os relacionamos cos pictogramas correspondentes. Descubrimos a través dos contos, imaxes referidas á citada estación.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer