FOTOGRAFÍA EN CURSO

1º TRIMESTRE: ACTIVIDADES

 

De novo este curso estamos no PROXECTA : FOTOGRAFÍA EN CURSO e comezamos a primeira práctica

facendo o visionado da PROPOSTA FOTOGRÁFICA e comezar a escribir o noso caderno fotográfico.

Este ano o traballo lévase a cabo dende a BIBLIOTECA, o feito de escribir sobre as fotografías vennos este ano

ao pelo polo lema da biblio "ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR".

Ao remate buscamos un lugar onde dar visibilidade ao traballo dos rapaces e rapazas do cole.

 

 

 

 

Para dinamizar os recreos realizamos 3 sesións fotográficas cos maiores do cole e así tamén modificamos a

dinámica dos recreos nos cales reina sempre o fútbol, deixamos a pelota a un lado e quitamos as cámaras.

Fiexemos 2 sesións no exterior e outra no interior buscando os puntos fotográficos, aprendendo o

funcionamento das cámaras, observando a lúz, etc. 

Os peques do cole realizan a práctica : DENDE A XANELA e de paso aproveitan para observar e cmentar o

tempo que vai e capturar fenómenos atmosféricos como a choiva, néboa, etc.

 

 

 Aquí deixamos o enlace ao blog da actividade no cal non so poderedes ver o traballo dos rapaces e rapazas do noso centro senón o dos demais centros

participantes, botade un ollo!!!!

 

https://www.fotografiaencurs.org/gl/blog

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer