ALIMÉNTATE BEN

ACTIVIDADES ALIMÉNTATE BEN DENDE A BIBLIO 1º TRIMESTRE

Como ben sabedes a biblio sempre colabora na diversidade de proxectos do centro.

Nesta ocasión en ALIMÉNTATE BEN neste primeiro trimestre do curso 2022-23 fixemos algunhas contadas relacionadas co tema da alimentación :

O elefante Comellón : onde cada quen busca unha froita diferente, empregamos unha actividade sensorial como apoio á contada.

A mosca chosca: a protagonista da historia preparou unha torta para festexar a súa nova casa, e a rapazada tamén degustou unha como apoio sensorial da actividade.

Nas dúas contadas de Nadal , ESTOY HARTO DE LA NAVIDAD! e ALVA E PAPÁ NOEL, os participantes na contada saborearon os doces e alimentos típicos destas datas (mazapáns, turrón). 

Este trimestre foi moi doce...estade ben atentos as vindeiras actividades posto que introduciremos alimentos novos e xogos!!!!

Se queredes velas máis polo miúdo clicade no apartado DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA da web do cole.

Aquí deixamos algunha fotiño para que vexades o traballo feito.

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer