E.D.L.G

EQUIPO DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

NADAL

Durante este mes de decembro realizamos varias actividades de Nadal.

INTERCAMBIO DE POSTAIS DE NADAL CO CEIP Ramón de Artaza y Malvárez (Muros).

Para a realización desta actividade colaboramos de novo co Equipo de Biblioteca. Este, encargouse da parte exterior e propuxo para os grupos empregar tea como elemento protagonista das composicións e os programas formativos coser algún símbolo do Nadal (agasallo, bóla, árbore...). O EDLG encargouse do interior por medio da escrita: os programas formativos responderon a unha serie de cuestións propostas polo centro co cal intercambiamos as felicitacións e os grupos pegaron pictogramas con palabras e frases para felicitar o Nadal.

Quedaron moi bonitas e a que máis gustou (por votación) foi a escollida para felicitar as festas dende o noso centro.

ACTIVIDADES DA TEMÁTICA DO NADAL EN GALEGO

Repartíronse polas aulas diferentes carpetas con actividades en galego da temática do Nadal con diferentes niveis de dificultade e cada titor/a escolleu cales realizar co seu alumnado.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer