VOZ NATURA

Programa de educación medioambiental de La Voz de Galicia.

RETO XANEIRO

Completamos o RETO DE XANEIRO 

#RetoDivulgacion

#AccionVozNatura

@voznatura

Elaboramos pomada con LLANTÉN MEDIANO ou máis coñecido como LÍNGUA DE OVELLA.

Aprendimos moito sobre esta planta considerada como unha MALA HERBA e que dende a épocas ben remotas como no caso dos EXIPCIOS emprégase como cicatrizante ou para as picaduras de bechos, entre outros moitos usos.

De seguido os pasos a seguir para a elaboración desta pomada:

 

- Recoller a língua de ovella (Nós recollemos 1 escorredor de ensalada ata arriba). 

CONSELLIÑO!!! non quitedes todas as follas da mesma planta ide collendo 1 ou 2 senón sufrirá moito a planta. 

- Escoller as mellores follas e retirar partes estropeadas ou outras especies que poden colarse ao recollelas.

- Lavar e secar as follas con tino.

- Quentar aceite  de oliva (nós empregamos medio litro e fixemos sobre 10 botes tamaño chupito) a uns 40 graos de temperatura (empregade un medidor de temperatura).

-Botar as herbas e cunha culler remexer durante uns 15-20 minutos.

- Logo de remexer coar o aceite e deixar a parte as herbas.

- Nese aceite recén coado agregar cera de abella, pouco a pouco porque será o que da consistencia á mestura. Observar se a queremos máis líquida ou máis densa.

- Por último con coidado encher os envases a empregar e deixar enfriar ata o día seguinte retirado de espazos de luz ou calor. 

 

Xa tedes unha pomada ben natural lista para empregar!!!!

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer