PATIOS DINÁMICOS

DINAMIZAMOS POR MEDIO DA FOTOGRAFÍA

 

Como ben sabedes este curso estamos de novo traballando a fotografía no PROXECTA: FOTOGRAFÍA EN CURSO.

Unha das actividades que facemos é dinamizar algunhas sesións dos recreos seguindo a proposta: ESPAZOS BALEIROS. Nas dúas primeiras sesións centrámonos nunha das partes dos patio que previamente dividimos en 3 zonas diferenciadas: zona parque, zona fútbol e zona árbores.

Comezamos a nosa andaina fotográfica na zona fútbol. Repasamos conceptos do curso pasado: enfoque, luz, manexo das cámaras, ángulos, etc.

Como vedes non se lles da nada mal!!!

  

 

A rapazada debe captar espazos baleiros de xente e reflexar nas fotos liñas, encadres, elementos naturais, tipo de luz,etc.

 

 

 

Tamén realizamos probas con cámaras dentro do cole. 

Nestas fotos pescudamos sobre o ángulo e o punto fotográfico á hora de centrar a imaxe. 

 

 

 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer