ALIMÉNTATE BEN

ACTIVIDADES 1º TRIMESTRE AULA IV

 

Este primeiro trimestre deu para moito e este curso continuamos no ALIMÉNTATE BEN o grupo IV traballou a alimentación por medio do xogo e a experimentación con materiais como os  froitos típicos do OUTONO.

ACTIVIDADES DE ESTIMULACIÓN SENSORIAL en mesa: con froitos de tempada (castañas e noces) traballamos a motricidade e os procesos psicolóxicos básicos.

 

Traballamos os conceptos lóxico-matemáticos de ENTEIRO e METADE  con froitas.

Empregamos as LEGUMES para conteo, clasificación e motricidade fina.

 

Para o ámbito matemático tamén empregamos material TEACCH e aproveitamos para traballar clases de alimentos (peixe, carne, doces,etc).

E como gústanos ben FEDELLAR  incluimos un robot que segue o rotulador para chegar as diferentes froitas propostas (uvas, laranxa, plátano e limón). 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer