TIC

FORMACIÓN EN PECS

O pasado 19 de maio de 2023 realizamos a derradeira formación presencial no centro enmarcada dentro do PFPP 22-23 con 4 horas de duración.

Dita formación foi sobre os SAAC (sistemas aumentativos e alternativos de comunicación) e de xeito mais concreto centramonos en PECS, o noso obxectivo é implantalo no centro con aquel alumnado que o precise e facelo a través das novas tecnoloxías así que estivemos traballando con ARAWORD, é unha app de software libre do portal aragonés ARASAAC, que permite a creación de texto de xeito simultáneo ao uso de pictogramas facilitando así a creación de materiais para favorecer procesos como a comunicación e a lecto-escritura no alumnado con dificultades na comunicación funcional.

Dito proxecto foi creado por Joaquín Pérez Marco baixo a supervisión de Joaquín Ezpeleta Mateo do ámbito de informática da Universidade de Zaragoza xunto con diversos profesionais do Goberno de Aragón.

A nosa relatora foi : Elena Carballo.

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer