METEOESCOLAS

MALETA: CAMBIO CLIMÁTICO

O CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) enviounos en préstamo a MALETA: "CAMBIO CLIMÁTICO " a través da súa Biblioteca e Centro de Documentación Ambiental.

O préstamo foi durante todo o mes de febreiro de 2024. 

O material está composto por libros en diversos formatos: informativo, banda deseñada, narrativa, guía didáctica. 

E traballan a prol da consecución dos ODS (Axenda 2030) eses logos de cores que xa podedes ver nalgunha das nosas entradas da BE. 

 

Entre outras co material emprestado realizamos as seguintes actividades:

-Recepción/devolución da maleta e divulgación do contido ao alumnado e ao profesorado do centro.

- Hora de ler e posterior posta en común sobre o contido da lectura.

- Actividade para os Programas Formativos e o Grupo 3 sobre un dos libros da maleta. 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer