METEOESCOLAS

DAMOS O TEMPO

Os alumnos e alumnas do Programa Formativo de Restauración convértese en homes e mulleres do tempo.

Para realizar esta actividade primeiro informáronse sobre os mapas e os símbolos que se empregan nestes.

Posteriormente, a cada alumno adxudicóuselle unha tarxeta cun día da semana na que se describen as condicións meteorolóxicas que se esperan para ese día en España.

Despois, cada alumno realizou o seu mapa na app Canva e, por último, presentou o espazo do tempo aos compañeiros.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer