ALIMÉNTATE BEN

VISITANDO O INVERNADOIRO!!!!

VISITANDO O INVERNADOIRO!!!!

Os alumnos do programa de Restauración temos a sorte de ter aos compañeiros de Agraria-Xardinaría connosco. A súa profesora Ruth, invitounos a ir a visitar o invernadoiro e tamén poder recoller algunha verduriña que xa teñen a punto para recoller. 

Con esta actividade conxunta, os alumnos de Xardinaría nos explicaron a gran variedade de verduras que están a cultivar e as súas características máis salientables de cada unha delas, e así nos informaron das posibilidades gastronómicas de cada unha delas.

Os alumnos de Restauración descubriron novas verduras, como traballar con elas, a súa limpeza, a súa clasificación, a súa elaboración e tamén realizaron a montaxe das súas ensaladas personalizadas. Quedaron moi chulas, pero o máis chulo foi os nomes que lles deron as súas creacións.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer