Grupo II

Estimulación

 

Ao longo do curso escolar traballamos conxuntamento coa fisiterapeuta unha metodoloxía Bobath co fin de traballar a postura, o ton e o movemento.

              

 

Todo isto o acompañamos da estimulación propioceptiva, a cal engloba diferentes actividades para desenvolver os sentidos internos polos que se procesa a información que veñe da pel, dos músculos e das articulacións. 

 Polo que no grupo II traballamos moito con exercicios de estimulación dos sentidos (táctiles, visuais, olfativos, auditivos ou gustativos), ademais de traballar a conciencia corporal, o sentido de posición do propio corpo, o equilibrio, estimular a forza que necesitamos, a coordinación de movementos, etc.

Unha actividade que establecemos na nosa aula para estimular o sistema propioceptivo e potenciar o autocoñecemento é o masaxe con diversos materiais e en diferentes zonas dos seus corpiños.

                          

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer