Extraescolares

PRACTICANDO PARA O CAMPIONATO DE CATA DE CAFÉS DO IES DE FOZ

PRACTICANDO: PROBA CATA BRASILEÑA DE CAFÉS

Este curso imos presentarnos ao campionato de cata de cafés que se realiza no IES DE FOZ. 

Este campionato leva 15 anos acollendo o Campionato de Baristas de Escolas de Hostalería e 10 anos realizando o Campionato de Cata de Cafés de Escolas de Hostalería.

A nosa alumna Carmen, foi seleccionada para participar no campionato de cata. Carmen terá que enfrontarse a 4 probas  e sumar a máxima puntuación. Carmen vai enfrontarse con alumnos que están a cursar Ciclos Medios e Superiores de Restauración de diversas Escolas de Hostalería tanto de Galicia como de Portugal, Castela e León, Asturias e País Vasco. Estamos moi contentos e Ilusionados poder participar nun campionato de Escolas tan Importante.

Aquí Carmen practicando unha das probas "Cata Brasileña" na cal ten que identificar as 5 variedades de Café propostas: Arábica Lavado; Arábica Natural; Robusta Natural; Honey-Meloso; Café de finca(Especialidad).

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer