ALIMÉNTATE BEN

FAI CLICK AO TEU BOCATA

O BOCATA DO ALIMÉNTATE BEN!!!!!

A semana pasada Jesús,  o Coordinador do Programa Aliméntate Ben, invitou ao noso Cole a participar no Obradoiro "Fai Click ao teu Bocata" realizado por  David da empresa MAREXADA DEPORTE, LECER E CULTURA S.L. 

Foi unha actividade moi entretida e divertida para o noso alumnado na cal tiveron unha pequena sesión formativa seguida de uns divertidos xogos relacionados cos distintos alimentos do mar.

O obradoiro finalizou coa creación dun bocata personalizado tanto para o noso alumnado como para todo o persoal docente e laboral do centro.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer