Grupo I

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

O 8 de xuño é o Día Mundial dos Océanos. Para celebralo e recoñecer a importancia destes no noso planeta o grupo I realizou unha actividade onde creou un minimundo a través de diferentes elementos coma a auga, animais, plantas, pedras, etc. Tamén viron o impacto do ser humano nos océanos e o que eles poden facer para coidalos. Se pinchades na seguinte imaxe podedes ver un pequeno vídeo resumo da actividade.

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer