VOZ NATURA

Programa de educación medioambiental de La Voz de Galicia.

RETO ABRIL : SENSIBILIZAR

Neste RETO DE ABRIL tocou SENSIBILIZAR así que puxémonos mans a obra e investigamos, preparamos un texto, adaptámolo para que todo o mundo poda entendelo e sintetizámolo en pouco máis de 30 segundos de duración. Cada audio e cada pictograma refire unha das 6 accións que preparamos para o RETO DE FEBREIRO.

Como vedes o traballo realizado por estes rapaces e rapazas vai sempre directamente relacionado coas actividades anteriores dando así continuidade ao feito anteriormente

Durante estes días colgaremos cada un deses audios que se corresponde cunha acción DIFERENTE

A primeira delas, SENSIBILIZAR, na voz de Rico, explicando de xeito sinxelo e breve en que consiste e porque interesa facelo.

Para escoitalo CLICADE en RETO ABRIL:

RETO ABRIL 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer