TIC

PLAN DIXITAL 2021-22

 

No presente curso escolar o noso centro elaborará o Plan Dixital que implementará no curso 2022-23.

A través do PFPP, o profesorado e o centro adquirirán ferramentas non so para eleboralo senón que amais avaliará diferentes competencias a través da ferramenta SELFIE : 

 

 

SELFIE (cuxas siglas en inglés significan «reflexión persoal sobre unha aprendizaxe efectiva mediante o fomento da innovación a través de tecnoloxías educativas») é unha ferramenta gratuíta deseñada para axudar aos centros escolares a integrar as tecnoloxías dixitais na docencia, a aprendizaxe e a avaliación.

 

SELFIE ten unha base sólida de investigación e desenvolveuse sobre a base do marco da Comisión Europea relativo á promoción da aprendizaxe na era dixital nas institucións educativas.

 

SELFIE recolle, de forma anónima, as opinións do alumnado, o profesorado e o persoal directivo dos centros educativos sobre o modo en que se utiliza a tecnoloxía no centro. Para iso utilízanse preguntas e afirmacións breves e unha escala simple de valoración do 1 ao 5. Responder as preguntas leva uns 20 minutos. Sobre a base desta información, a ferramenta xera un informe, unha instantánea (un «SELFIE») dos puntos fortes e débiles do uso da tecnoloxía que fai o centro educativo.

 

SELFIE está dispoñible para calquera centro de ensino primario, secundaria e profesional en Europa e fóra dela, e en máis de 30 linguas. Pode ser utilizado por calquera centro, e non unicamente polos centros cun nivel avanzado de infraestruturas, equipamento e uso de tecnoloxías. Deseñada por e para os centros escolares SELFIE é unha iniciativa da Comisión Europea e finánciase a través do programa Erasmus. É gratuíta para todos os centros escolares.

 

A ferramenta desenvolveuse cun equipo de expertos de centros educativos, ministerios de educación e institutos de investigación de toda Europa. Entre as institucións asociadas atópase a Fundación Europea de Formación, o Centro Europeo para o Desenvolvemento da Formación Profesional ( CEDEFOP) e o Instituto da Unesco para a Utilización das Tecnoloxías da Información na Educación.

 

 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer