Audición e Linguaxe

Presentación Audición e Linguaxe

 

Entre os documentos que a lexislación actual establece para os centros educativos figuran as Programacións de Aula. Este documento estaría xustificado pola necesidade de dar unha resposta de calidade ás necesidades específicas de apoio educativo, contribuíndo a:

  • Clarificar as actuacións relacionadas coa linguaxe que se van a levar a cabo no centro
  • Xestionar eficazmente os recursos humáns e materiais.
  • Mellorar a calidade da intervención conseguindo os mellares resultados posibles no desenvolvemento lingüístico do alumnado do centro.

Dende o Departamento de Audición e Linguaxe, estamos a falar dos Programas de Intervención individuais elaborados para cada un dos/as alumnos/as do CEE Infanta Elena con necesidades específicas de apoio educativo asociadas o ámbito comunicativo-lingüístico.

 Entre os obxectivos que temos establecidos destacamos:

  • Favorecer que a planificación do apoio individualizado aos problemas da linguaxe, faga compatible esto apoio coas actividades do grupo-clase.
  • Promover no centro actividades compensatorias que palíen posibles déficits comunicativos.
  • Buscar, elaborar e adaptar recursos, tanto para a aula ordinaria como para a aula de audición e linguaxe, que faciliten a comunicación dos alumnos/as que non teñen linguaxe oral.
  • Deseñar programas específicos de intervención.
  • Executar, en colaboración con resto do profesorado, os programas de intervención.
  • Promover a participación dos pais/nais na generalización das aprendizaxes relacionadas coa comunicación.

 

Imaxes dalgúns dos materiais que realizamos dende o departamento de audición e linguaxe:

 

Laberinto de sopro.

Horario adaptado

Taboleiro de novas con pictogramas e dactiloloxía

Cubos para formar palabras

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer