Extraescolares

I CAMPIONATO DE BARISTAS DE ESCOLAS DE EDUCACIÓN ESPECIAL 2023

SEGUNDO POSTO PARA O INFANTA ELENA

O pasado 11 de Maio tivemos a oportunidade de participar no I Campionato de Escolas de Educación Especial 2023, Rico e Rafa do programa de Restauración foron os candidatos para participar neste campionato,  acadando o SEGUNDO POSTO, moi emocionados e moi contentos por este premio tan merecido para os nosos alumnos. Dar as gracias a toda a chavalada que nos estivo apoiando e o programa de Xardinaría que nos veu acompañar e animar ao Campionato, tamén para todo o profesorado e persoal do centro que nos estivo animando día tras día.

Moi importante para o noso alumnado este tipo de iniciativas, así mesmo o deixan reflexado os diferentes medios de comunicación, prensa, radio... os cales mostraron interés por coñecernos.

Vos deixamos unhas imaxes de ese maravilloso día.

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer