Modalidade | Centros seleccionados | Concello | Provincia | Proxecto |
1. Proxectos Documentais Integrados, coordinados desde a biblioteca escolar | CEIP Emilia Pardo Bazán | A Coruña | A Coruña | Mergúllate! |
CEIP Canosa-Rus | Coristanco | A Coruña | Ilusionarte | |
CEIP dos Muíños | Muxía | A Coruña | E ti que pintas? | |
CEIP P. de Outes | Outes | A Coruña | OUTES SOSTIBLE. Cidadás do presente para o futuro | |
IES Arcebispo Xelmirez I | Santiago de Compostela | A Coruña | Tecendo Identidades | |
CEIP de Cervo | Cervo | Lugo | Mens sana in corpore sano | |
CEIP P. de Carballedo | Cerdedo/Cotobade | Pontevedra | O ano de Galicia | |
CEIP P. Meaño-As Covas | Meaño | Pontevedra | Dende Meaño | |
CEIP Virxe do Rocío | Vigo | Pontevedra | Alén do Resío | |
2.a. Proxectos de investigación grupo/nivel | IES Brión | Brión | A Coruña | Coñécelas? 10 escritoras imprescindibles |
EEI San Roque | Viveiro | Lugo | Emocionámonos | |
CEIP A Lama | A Lama | Pontevedra | Algunhas árbores, moitos paxaros | |
2.b. Proxectos de investigación ciclo/departamento | IES Celanova Celso Emilio Ferreiro | Celanova | Pontevedra | Música no Mosteiro |
CEIP San Tomé | Cambados | Pontevedra | Pasiño a pasiño, faise o camiño | |
2.c. Proxectos realizados na materia de 1º/2º da ESO "I.T.I."ou noutras materias equivalentes en ESO ou primaria | CEIP Milladoiro | Malpica de Bergantiños | A Coruña | NÓS: patrimonio in-MATERIAL! |
IES Xoán Montes | Lugo | Lugo | FORMU-LAND-22 | |
IES Pino Manso | O Porriño | Pontevedra | De viaxe polo entroido tradicional galego | |
3. Proxectos de investigación intercentros | CEIP de Galán | Arteixo | A Coruña | Martiño e Testa: unha viaxe espaecial |
CRA de Culleredo | Culleredo | A Coruña | Martiño e Testa: unha viaxe espaecial | |
4. Proxectos realizados con metodoloxía científica | IES Perdouro | Burela | Lugo | Construbot_Comeza a partida! |
Educación documental
Traballos seleccionados no VIII Concurso de Traballo por Proxectos coordinados ou co apoio da biblioteca escolar
Traballos seleccionados no VII Concurso de Traballo por Proxectos coordinados ou co apoio da biblioteca escolar
Modalidade | Centros Seleccionados | Concello | Provincia | Proxecto |
1. Proxectos Documentais Integrados, coordinados desde a biblioteca escolar | CEIP Emilia Pardo Bazán | A Coruña | A Coruña | Paseando con Emilia |
CEIP dos Muíños | Muxía | A Coruña | Facemos camiños | |
CEIP P. de Outes | Outes | A Coruña | Mens sana in corpore sano | |
IES P. Aquis Celenis | Caldas de Reis | Pontevedra | As palabras no camiño II | |
CEIP P. Meaño-As Covas | Meaño | Pontevedra | Botarse ao monte | |
CEIP Valle-Inclán | O Grove | Pontevedra | Ardia 2020-2021 | |
CEIP de Leirado | Salvaterra de Miño | Pontevedra | A tope coa saúde | |
CEIP Manuel Padín Truiteiro | Soutomaior | Pontevedra | Viaxe á Idade Media a través do castelo de Soutomaior | |
2.a. Proxectos de investigación grupo/nivel | CEIP Pedro Barrié de la Maza | Sada | A Coruña | A nosa Odisea |
CEIP A Lama | A Lama | Pontevedra | Os instrumentos do Pórtico da Gloria | |
2.b. Proxectos de investigación ciclo/departamento | CPI Cruz do Sar | Bergondo | A Coruña | Que podo facer eu para... ? |
IES Ramón María Aller Ulloa | Lalín | Pontevedra | Unha aldea global, en perspectiva de xénero | |
2.c. Proxectos realizados na materia de 1º/2º da ESO "I.T.I."ou noutras materias equivalentes en ESO ou primaria | IES Xoán Montes | Lugo | Lugo | A caixa de Pandora |
3. Proxectos de investigación intercentros | CEIP Canosa-Rus | Coristanco | A Coruña | Carpiño está en perigo, un mar de valores |
CRA de Culleredo | Culleredo | A Coruña | Carpiño está en perigo, un mar de valores | |
4. Proxectos realizados con metodoloxía científica | CIFP de Someso | A Coruña | A Coruña | Crecemento do pelo |
CPI de Cervantes | Cervantes | Lugo | Cervantes 100XCIENcia | |
CEIP García Barbón | Vigo | Pontevedra | Cando medre quero ser entomólogo | |
IES de Valadares | Vigo | Pontevedra | MeteoValadares | |
IES de Valadares | Vigo | Pontevedra | Sensor de CO2 |
Telexornal "Xela Arias" desde o CPI dos Dices
Telexornal "Carvalho Calero" desde o CPI dos Dices
Traballos seleccionados no VI Concurso de Traballos por Proxectos coordinados ou co apoio da biblioteca escolar
Está xa publicada no Portal Educativo a resolución do VI CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS realizados durante o curso 2018/2019, baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar.
Seleccionáronse 19 traballos de entre os 84 presentados desde diferentes centros. Algunhas sub-modalidades ficaron desertas pero distribuíronse os premios dispoñibles seleccionando máis centros de modalidades con moita participación e alto nivel de calidade.
Este concurso busca estimular, mediante o recoñecemento de boas prácticas, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación da biblioteca ou co apoio desta, na liña da metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos (ABP). Estos proxectos están propiciando profundos cambios nas dinámicas de traballo dos centros, nos usos dos espazos educativos, na distribución de horarios e grupos, no aproveitamento dos recursos, promovendo unha cultura participativa e colaborativa, emancipadora do alumnado. Parabenizamos ás comunidades educativas que botan a andar estas experiencias, e ao profesorado que as impulsa, deseña, guía, enriquece coa súa profesionalidade e experiencia, e ademáis as difunde e comparte para beneficio común. Existen tamén excelentes exemplos de prácticas de investigación nas modalidades de grupo/nivel ou ciclo/departamento, así como os traballos realizados na materia de libre confuguración de Secundaria "Investigaión e Tratamento da Información" ("Aprender a Investigar en Primaria), que poden servir de orientación para outros proxectos. Da mesma forma, os proxectos de investigación intercentros son unha práctica que cómpre estender e que pode dar lugar a experiencias educativas moi enriquecedoras.
Na imaxe, o alumnado de ITI do IES Valadares (Vigo-Pontevedra)
Modalidade | Temática | Centro Seleccionado |
Concello | Provincia | Proxecto |
1. Proxectos Documentais Integrados, coordinados desde a biblioteca escolar | Xenérica | CEIP P. Graxal | Cambre | A Coruña | Construímos |
CEIP Milladoiro | Malpica de B. | A Coruña | O mar que nos dá...! |
||
EOI de Lugo | Lugo | Lugo | FalArte | ||
IES P. Aquis Celenis | Caldas de Reis | Pontevedra | As palabras no Camiño |
||
CEIP P. de Meaño-As Covas | Meaño | Pontevedra | Puro teatro |
||
CEIP A.D.R. Castelao | Vigo | Pontevedra | Pinga a pinga, pensa en verde |
||
Ciencias | IES Francisco Aguiar | Betanzos | A Coruña | Betanzos 800 anos |
|
CEIP Canosa-Rus | Coristanco | A Coruña | ConCIENCIAte | ||
2.a. Proxectos de investigación grupo/nivel | Xenérica | CEIP O Coto | Negreira | A Coruña | A voltas por Galicia |
CEIP de Prácticas López Ferreiro | Santiago de Compostela | A Coruña | Pontes para coñecérmonos |
||
IES Xoán Montes | Lugo | Lugo | (A)rroupArte | ||
Ciencias | CEIP Quintela | Moaña | Pontevedra | Os Canciños |
|
2.b. Proxectos de investigación ciclo/departamento | Xenérica | CEIP P. Enrique Barreiro Piñeiro | Cambados | Pontevedra | Coidamos do noso para coidar o de todas e todos |
Ciencias | IES Xoán Montes | Lugo | Lugo | O xardín das Hespérides |
|
2.c. Proxectos realizados na materia de 1º/2º da ESO | Xenérica | IES Valadarés | Vigo | Pontevedra | Youtubers por un día |
3. Proxectos de investigación intercentros | Xenérica ou científica | CEIP Nicolás del Río | Cedeira | A Coruña | "Pegadas na iauga". Patrimonio inmaterial: a semente |
IES Punta Candieira | Cedeira | A Coruña | "Pegadas na iauga". Patrimonio inmaterial: a semente | ||
CEIP de Santiago de Oliveira | Ponteareas | Pontevedra | Xogamos? | ||
CEIP de Leirado | Salvaterra de Miño | Pontevedra | Xogamos? |
Telexornal "Antonio Fraguas" desde o CEIP dos Dices
Desde o CPI Plurilingüe dos Dices (Rois-A Coruña) chéganos, como en anos anteriores, o telexornal adicado á figura homenaxeada no Día das Letras Galegas. Neste ano 2019 as nenas e os nenos implicados nesta experiencia de alfabetización mediática e informacional traballaron sobre ANTONIO FRAGUAS, baixo a dirección do profesor Luís Aldegunde, e presentannos un documento imprescindible para achegarse ao escritor e a súa obra. Parabéns, un ano máis, por un proxecto de alta calidade e estabilidade.
Traballos seleccionados no V Concurso de Traballos por Proxectos coordinados ou co apoio da biblioteca escolar
Está xa publicada no Portal Educativo a resolución do V CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS, realizados durante o curso 2017/2018, coordinados desde a biblioteca escolar ou realizados co seu apoio. Seleccionáronse 19 traballos de entre os 102 presentados desde diferentes centros. Algunhas categorías ficaron desertas pero distribuíronse os premios dispoñibles seleccionando máis centros de modalidades con moita participación e alto nivel de calidade.
O impulso de moitas bibliotecas galegas, coordinando proxectos de carácter interdisciplinario para o tratamento de contidos curriculares específicos de materiais (ou transversais), están propiciando profundos cambios nas dinámicas de traballo dos centros e nos usos dos espazos educativos, na distribución dos horarios e dos grupos, no aproveitamento dos recursos físicos e tecnolóxicos; tamén nos recursos inmateriais (a cultura do medio), o que fai agromar unha cultura participativa, colaborativa, emancipadora do alumnado, complexa na súa concepción pero que proporciona unha formación integradora, con tarefas esixentes para o alumnado, o que enriquece a súa experiencia e carga a súa mochila de aprendizaxes moi diversos, máis aló do que podería facer unha formación pegada a prácticas vinculadas ao exclusivo uso do libro de texto. Parabenizamos ás comunidades educativas que botan a andar estas experiencias, e a o profesorado que as impulsa, deseña, guía, enriquece coa súa profesionalidade e a súa experiencia, e ademais as dá a coñecer para beneficio de todos. Existen tamén excelentes exemplos de prácticas de investigación nas modalildades de grupo/nivel ou ciclo/departament, así como traballos realizados na materia de libre configuración de secundaria "Investigación e Tratamento da Información" ("Aprender a investigar", en Primaria), que poden servir de orientación para outros proxectos. Da mesma forma, os proxectos de investigación intercentros son unha práctica que cómpre estender e que pode dar lugar a experiencias educativas moi enriquecedoras.
Modalidade |
Temática |
Centro Seleccionado |
Concello |
Provincia |
Proxecto |
1. |
Xenérica |
IES |
Caldas |
Pontevedra |
|
CEIP |
Vigo |
Pontevedra |
|||
CEIP |
Cervo |
Lugo |
|||
CEIP |
Salvaterra |
Pontevedra |
|||
CEIP |
Meaño |
Pontevedra |
|||
CEIP |
Cedeira |
A |
|||
Ciencias |
IES |
Ponteareas |
Pontevedra |
||
IES |
Betanzos |
A |
|||
CEIP |
O |
Pontevedra |
|||
CEIP |
Ames |
A |
|||
2.a. |
Xenérica |
IES |
Cedeira |
A |
|
IES |
Celanova |
Ourense |
|||
Ciencias |
CEIP |
O |
Ourense |
||
2.b. |
Xenérica |
CEIP |
Bueu |
Pontevedra |
|
CEIP |
Vigo |
Pontevedra |
|||
2.c |
Xenérica |
IES |
Lugo |
Lugo |
|
CPI |
A |
A |
|||
3. |
Xenérica |
CEIP |
Cedeira |
A |
|
IES |
Cedeira |
A |
Resultado do Concurso "XOGANDO COA CDU", convocado o 24 de Outubro, Día da Biblioteca.
Co gallo do Día da Biblioteca, o pasado 24 de outubro, convocouse o certame "XOGANDO COA CDU" destinado aos equipos de bibliotecas dos centros educativos galegos, coa finalidade de estimular a creación de materiais para as actividades de formación de persoas usuarias da biblioteca escolar, tomando como base o cartel CDU ILUSTRADA, remitido ás bibliotecas galegas a comezos de setembro de 2018.
Unha vez revisados os traballos recibidos, escolléronse para o premio tres propostas especialmente interesantes tanto pola calidade do seu deseño como pola súa funcionalidade. Son as seguintes:
• Unha aplicación dixital interactiva. CEIP Condesa de Fenosa. O Barco de Valdeorras. Ourense.
• Un xogo analóxico de preguntas e respostas. CEIP O Graxal. Cambre. A Coruña.
• Unha actividade mixta analóxico-dixital para a formación de usuarios. CEP Brea-Segade. Taragoña-Rianxo. A Coruña.
Ademais das premiadas, salientamos polo seu interese, dúas propostas de formación de usuarios que utilizan os escornabots:
• Xogo “Atopa o libro”. CEIP Valle-Inclán. O Grove. Pontevedra
• “A cidade dos libros”. CPI San Sadurniño. A Coruña.
Os tres centros seleccionados recibirán un lote de libros, como o que se mostra na imaxe.
Traballos seleccionados no IV Concurso de Traballos por Proxectos
O Portal Educativo publicou onte a Resolución do 4 de decembro de 2017 pola que se dan a coñecer os traballos seleccionados no IV Concurso de Traballos por Proxectos, convocado pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para o pasado curso 2016/2017. A este concurso candidatáronse un total de 102 traballos e foron seleccionados un total de 21 proxectos.
O IV Concurso de Traballos por Proxectos, coordinados ou realizados co apoio da biblioteca escolar, é unha iniciativa integrada no Plan LÍA 2016/2020 de bibliotecas escolares. No desafío nº 11 deste Plan, denominado"Aprendizaxes por proxectos e outras metodoloxías activas" recollese o interese por "propiciar o emprego dos recursos e servizos da biblioteca escolar no desenvolvemento das prácticas cotiás, con apoio preferentes ás metodoloxías activas e colaborativas". Este certame é unha das iniciativas contempladas para traballar neste ámbito. Búscase estimular, mediante o recoñecemento de boas experiencias de traballos por proxectos, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación do equipo de biblioteca escolar ou co apoio desta, na liña da metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos (ABP), realizados en centros públicos non universitarios.
No seguinte cadro pódese acceder ás memorias presentadas polos centros que finalmente foron galardoados neste certame:
Modalidade |
Temática |
Centros Premiados |
Concello |
Provincia |
Título |
1. Proxectos Documentais integrados, coordinados |
Xenérica |
EEI Barrionovo |
Arteixo |
A Coruña |
|
CEIP Nicolás del Río |
Cedeira |
A Coruña |
|||
CEIP Milladoiro |
Malpica de B. |
A Coruña |
|||
CEIP P. de Meaño-As Covas |
Meaño |
Pontevedra |
|||
IES Faro das Lúas |
Vilanova de Arousa |
Pontevedra |
|||
CEIP P. Sobreira Valadares |
Vigo |
Pontevedra |
|||
Ciencias |
CEIP Virxe do Corpiño |
Begonte |
Lugo |
||
CEIP de Leirado |
Salvaterra de Miño |
Pontevedra |
|||
IES Castro Alobre |
Vilagarcía de Arousa |
Pontevedra |
|||
2.a. Proxectos de |
Xenérica |
CEIP Enrique Barreiro Piñeiro |
Cambados |
Pontevedra |
|
EEI Concepción Crespo Rivas |
Pontevedra |
Pontevedra |
|||
Ciencias |
IES Celanova Celso Emilio Ferreiro |
Celanova |
Ourense |
||
CEIP Nosa Señora dos Remedios |
Ponteareas |
Pontevedra |
|||
2.b. Proxectos de |
Ciencias |
CIFP Coroso |
Ribeira |
A Coruña |
|
2.c Proxectos realizados na |
Ciencias |
CEIP Quintela |
Moaña |
Pontevedra |
|
3. Proxectos de investigación intercentros |
Xenérica |
CEIP Francisco Vales Villamarín |
Betanzos |
A Coruña |
|
EEI de Fontelo |
Coirós |
A Coruña |
|||
EEI de Coirós de Arriba |
Coirós |
A Coruña |
|||
IES P. Fontexería |
Muros |
A Coruña |
|||
CEIP Felipe de Castro |
Noia |
A Coruña |
|||
CEIP P. Pepe de Xan Baña |
Santa Comba |
A Coruña |
25 outubro - 1 novembro: Semana Mundial da Alfabetización en Medios e Información (AMI) a proposta da UNESCO- II
Telexornal "Carlos Casares" desde o CPI dos Dices
Recursos para Investigación e Tratamento da información. ALFIN
Desde a biblioteca do CEIP Canosa-Rus, de Coristanco (A Coruña) chéganos esta infografía que describe moi ben o proceso dun traballo de busca documental e que constitúe un material de interese para o profesorado que está a traballar as competencias no uso, tratamento e produción de información co seu alumnado, ben sexa a través das materias de libre configuración de primaria ou de 1º/2º Curso de ESO, ou en calquera outra materia na que se pretenda habituar ao alumndo á realización de pequenos traballos de investigación, con consulta de diversas fontes, contraste da información e elaboración de traballos propios.
Nesta páxina hai xa recollidos moitos materiais elaborados polo profesorado nos últimos anos que pode resultar útil á hora de abordar os contidos de alfabetización informacional e mediática (baixo a etiqueta ALFIN ou Educación Documental), pero imos recoller algúns tamén nesta entrada [EN CONSTRUCIÓN]
1. MATERIAIS DE FORMACIÓN DE USUARIOS:
- Como atopar un libro na biblioteca. CEIP Sofía Casanova (Culleredo, A Coruña)
- Formación de usuarios 2014/2015. IES Monte das Moas (A Coruña)
- Como buscar información nos libros. CEIP Vales Villamarín (Betanzos, A Coruña)
- Presentación da biblioteca para 1º BAC. Ies Pedro Floriani (Redondela, Pontevedra)
- Vídeo sobre a CDU. IES A Xunqueira II (Pontevedra)
- Manual de uso dun lector electrónico. CEIP Condesa de Fenosa (O Barco, Ourense)
- Manual de uso dun lector electrónico. CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño, Pontevedra)
- Como traballamos na biblioteca escolar do CEIP de Quintela (Moaña, Pontevedra)
- Manual sobre a CDU. CEIP de Quintela (Moaña, Pontevedra)
- Guía da biblioteca do CEIP Milladoiro (Malpica, A Coruña)
- Manual sobre a CDU. CEIP da Torre-Cela (Bueu, Pontevedra)
- Presentación da biblioteca. EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña)
- Actividades de formación de usuarios. CEIP de Pedrouzos (Brión, A Coruña)
- Servizos da biblioteca do IES de Celanova (Celanova, Ourense)
- Formación de usuarios 2015-2016 do CEIP Frián-Teis (Vigo, Pontevedra)
- Vídeo para coñecer a etiquetaxe dos libros na biblioteca e os valores da CDU.CEIP Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras, Ourense)
- Tes que saber (MEIGA, textos presentables, CDU, ...). IES de Celanova (Celanova, Ourense)
- Formación de usuarios. CEIP do Seixo (Marín, Pontevedra)
2. RECURSOS PARA O TRABALLO COA INFORMACIÓN
- Tratamento da información e competencia dixital. Documentos para portfolio do alumnado. Olga Rodríguez (CEIP Milladoiro. Malpica de Bergantiños, A Coruña)
- Guía de investigación na rede.CEIP Víctor Sáenz (Mazaricos, A Coruña)
- Procura en Internet. CEIP Canosa- Rus (Coristanco, A Coruña)
- Recursos para a investigación. CEIP Frián-Teis (Vigo, Pontevedra)
- Educación documental. IES Xoán Montes (Lugo)
- Aprendendo a investigar. CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal, Pontevedra)
- Guía ALFIN. IES Sofía Casanova (Ferrol, A Coruña)
- Seguridade na rede. Mª Luz Paramio Gutiérrez.
- Webs fiables. Mª Luz Paramio Gutiérrez.
- Aprender a buscar na rede con eficiencia. Olga Rodríguez e Charo Sánchez Gabriel
- Como presentar un traballo escrito. IES Illa de Arousa (A Illa de Arousa, Pontevedra)
- Como facer un traballo monográfico. CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño, Pontevedra)
- Guía para aprender a buscar en Internet. CEIP Reibón (Moaña, Pontevedra)
- Tic para Investigación e Tratamento da Información. IES Monte Carrasco (Cangas do Morrazo, Pontevedra)
3. RECURSOS PARA O TRABALLO POR PROXECTOS
4. OUTROS RECURSOS PARA ALFABETIZACIÓN INFORMACIONAL E MEDIÁTICA
8 de marzo, Día Internacional da Muller - 2016
O calendario civil ofrece oportunidades para que as bibliotecas escolares exerzan o seu papel de apoio ao desenvolvemento do currículo e ás actividades formativas de carácter "transversal" como é a educación en valores. Todos os días son días de traballo pola igualdade pero nestas datas de marzo volve ser urxente lembrar a presenza das mulleres na sociedade e preparar as alumnas (e os alumnos) para exercer os seus dereitos nunha sociedade máis xusta.
Comezan a chegar novas das actividades nas bibliotecas escolares galegas arredor desta data:
- CEIP Alexandre Bóveda (Vigo, Pontevedra): Derrubando valos - 8 de marzo
- CEIP de Andrade (Pontedeume, A Coruña): Muller e poesía
- CEIP Antonio Pedrosa Latas (Celeiro-Viveiro, Lugo): Día Internacional da Muller. Álbum de mulleres. As mulleres da miña vida.
- CEIP A Ponte (Lugo): Día da Muller
- CEIP P. A Pontenova (A Pontenova, Lugo): Día Internacional da muller (reportaxe fotográfico das mulleres da Pontenova nos seus postos de traballo)
- CEIP Conmeniño (O Grove, Pontevedra): Día Internacional da Muller. Descubrindo mulleres artistas
- CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume, A Coruña): Día Internacional da Muller Traballadora 2016
- CEIP Coutada-Beade (Vigo, Pontevedra): A creatividade feminina cambiou o mundo
- CEIP Frián-Teis (Vigo, Pontevedra): Mulleres entre liñas (investigación en distintas fontes e produción dixital)
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño, Pontevedra): As mulleres e os traballos (Familias lectoras)
- CEIP Pena de Francia (Mos, Pontevedra): As avoas do noso alumnado -- As historias das avoas aumentan -- Wangari e a defensa da natureza
- CEIP da Pobra de Brollón (Pobra de Brollón, Lugo): María Castaña
- CEIP de Porto Cabeiro (Redondela, Pontevedra): Día da Muller Traballadora, 2016
- CEIP Torre Cela (Bueu, Pontevedra): As mulleres donas do río
- CPI P. Cabo da Area (Laxe, A Coruña): Semana da prensa e Día da Muller
- CPI da Cañiza (A Cañiza, Pontevedra): Día da Muller Traballadora
- CPI de San Sadurniño (San Sadurniño, A Coruña): Mulleres, matermáticas e literatura. Sofía Kovalévskaia
- CRA de Culleredo (Culleredo, A Coruña): Conticra Día da Muller
- EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña): A lectura rompe muros (guía de lectura) --As mulleres de Barrionovo temos moito conto -- As mulleres no Olimpismo
- EEI de Vilarrodís (Arteixo, A Coruña): Os valores das mulleres
- IES Afonso Gómez de Sarria (Sarria, Lugo): Soños e medos de mulleres (exposición)
- IES Concepción Arenal (Ferrol, A Coruña): Día Internacional da muller
- IES Félix Muriel (Rianxo, A Coruña): Día da Muller Traballadora.-- A muller do mar 1 --- A muller do mar 2
- IES Lucus Augusti (Lugo): As "sensombreiro" (recursos e propostas arredor de creadoras e pensadoras da "xeración do 27")
- IES Monte das Moas (A Coruña): Día da Muller (exposición, guía de lectura)
- IES Pazo da Mercé (As Neves, Pontevedra): As mulleres na historia das bibliotecas
- IES de Porto do Son (Porto do Son, A Coruña): A muller na ciencia: ficción?
- IES Ramón María Aller Ulloa (Lalín, Pontevedra): Contra os estereotipos de xénero na Banda Deseñanda / Cómic
- IES San Paio (Tui, Pontevedra): Escolma poética de Manuel María "Versos Femininos"-- Cine en feminino-1 -- Cine en feminino-2 -- 80 anos despois, memoria gráfica das mulleres na Guerra Civil
- IES Santiago Basanta Silva (Vilalba, Lugo): Día Internacional da Muller. Suxestións.
- IES Universidade Laboral (Culleredo, A Coruña): Recordando o Día da Muller Traballadora --A muller no traballo: moito por percorrer no ncamiño da igualdade
- IES Xoán Montes (Lugo): Bocas seladas
30 de xaneiro, Día Escolar da Non Violencia e a Paz - 2016
A última semana de xaneiro garda unha data ben significativa no ámbito educativo, o Día EScolar da Non Violencia e a Paz (30 de xaneiro) que conmemora a morte de Mahatma Gandhi en 1948. Os centros educativos acostuman aproveitar esta data para traballar de forma intensiva contidos propios da Cultura de Paz:
"Posto que as guerras nacen na mente dos homes, é na mente dos homes onde deben erixirse os baluartes da paz" (Declaración da Constitución da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura).
Velaquí algúns exemplos do traballo nas bibliotecas escolares galegas por mor desta celebración:
- CEE de Miño (Ourense): Os nosos traballos para a Paz
- CEIP Antonio Pedrosa Latas (Viveiro, Lugo): Hoxe celebramos o Día da Paz
- CEIP Canosa-Rus (Coristanco, A Coruña): Día Escolar da Non Violencia e a Paz -- Pegadas de Paz
- CEIP P. de Covas (Viveiro, Lugo): Recursos para conmemorar o Día da Paz na Escola
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo, Pontevedra): Contos e cancións para o Día da Paz
- CEIP Frián-Teis (Vigo, Pontevedra): Hoy tengo ganas de sonreir -- Refuxiados -- Celebramos o Día da Paz e a Non Violencia -- Exemplo de integración curricular (2º primaria)
- CEIP Igrexa-Candeán (Vigo, Pontevedra): A paz é convivencia
(propostas de lectura) - CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela, A Coruña): Wangari los árboles de la Paz (adapt. para Kamishibai)
- CEIP de Leirado (Salvaterra de MIño, Pontevedra): Outras razóns para camiñar
- CEIP Mestres Goldar (Vigo, Pontevedra): Propostas para o Día da Paz
- CEIP Milladoiro (Malpica, A Coruña):Semana da Paz
- CEIP P. A Pontenova (A Pontenova, Lugo): Celebramos o Día da Paz
- CEIP de Présaras (Vilasantar, A Coruña): Celebramos o Día da Paz 2016
- CEIP Quintela (Moaña, Pontevedra): Poemas pola Paz -- Cuestións de Paz 2016
- CEIP Rogelio García Yáñez (Ramirás, Ourense): Actividades 29 de xaneiro
- CEIP Virxe do Carme (Burela, Lugo): Traballos pola Paz
- CMUS XanViaño (Ferrol): Música e Siria - Convivencia xunto coa ANPA. Día da Paz -- Día Escolar da Non Violencia e a Paz
- CPI da Cañiza (A Cañiza, Pontevedra): 30 de xaneiro, Día da Paz
- CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal, Pontevedra): O Día da Paz e Banksy
- CPI de Panxón (Nigrán, Pontevedra): Propostas de actividades para o Día da Paz
- CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños, A Coruña): Lecturas pola paz e a convivencia
- CRA DE CULLEREDO (Culleredo, A Coruña): Conticra da Paz
- EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña): Día da Paz 2016: Tregua Olímpica -- Muro da Tregua Olímpica -- Guía da Paz Olímpica -- Encontros BN "Paz Olímpica"
- IES Lucus Augusti (Lugo): Guía de lectura -- Mulleres de Paz -- Día da Paz
- IES Marqués de Sargadelos (Cervo, Lugo): Día da Paz 2016 -- Poema de Manuel María, por mor do Día da Paz
- IES Pazo da Mercé (As Neves, Pontevedra): Lecturas pola Paz 2016 -- Proxecto "Maestros con los niños de Siria"
- IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas, Pontevedra): Concurso de BD (historietas) para celebrar o Día da Paz
- IES Rafael Dieste (A coruña): Cancións e textos para a Paz - Concurso: A mellor frase de paz -- Concurso: Os Premios Nobel da Paz
- IES San Paio (Tui, Pontevedra): Manuel María,poeta de Paz -- Se os meus lapis e pinceis valesen a túa pistola de capitán... (Escolma gráfica)--Presentacións de filmes e documentais sobre a guerra e a paz (Biblioxornal42) -- Biblioxornal 42. Especial 80 anos do inicio da Guerra Civil-- Música dos combatentes hai 80 anos --
- IES Santiago Basanta Silva (Vilalba, Lugo): Selección de recursos para a Paz -- Poesía pola Paz
- IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Sarria, Lugo): Paz... dende o Xograr
Outros recursos:
- INTEF: Recursos para a Cultura de Paz
- Seminario Galego de Educación para a Paz
- Aipaz. Asociación Española de Investigación para la Paz
- Fundación Cultura de Paz
- UNESCO. Hacia una cultura de Paz
- 100 títulos básicos sobre Cultura de Paz. Escola de Cultura de Pau. UAB.
- MANIFESTO 30 DE XANEIRO DE 2016 - "EDUCADORES E EDUCADORAS POLA PAZ" (Nova Escola Galega)
10 de decembro, Día dos Dereitos Humanos, nas bibliotecas escolares
Entre os moitos "días D" do calendario civil o 10 de decembro é un dos máis siginificativos en termos educativos e así o entenden as bibliotecas dos centros, que aproveitan esta data para lembrar o imprescindible: a norma da que se dotou a humanidade para poder seguir avanzando na construción dunha sociedade máis xusta para todas e todos. En momentos coma estos, lembrar os Dereitos Humanos é insoslaiable. Así, por exemplo, desde a biblioteca do IES Manuel García Barros (A Estrada), achégannos un documento elaborado para dar a coñecer a realidade dos albinos en Tanzania, unha mostra do moito que queda por facer en materia de dereitos humanos en distintos lugares do mundo.
Algunhas outras propostas desde bibliotecas escolares galegas:
Traballos premiados no II Concurso de Traballos por Proxectos (curso 2014/2015)
25 de novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Fóra de control
A quen chamo, como visto, onde andabas metida...
En canto valoras, my boy, este corte de mangas?
Carlos Negro. Penúltimas tendencias
Desde o IES Lucus Augusti (Lugo) chéganos este vídeo informativo sobre as orixes da celebración do 25 de novembro como Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Desde as bibliotecas escolares apóiase a conmemoración deste día no que os actos han ser coherentes coa finalidade: desterrar o machismo da nosa sociedade, a través da educación e a "tolerancia 0" coas actitudes e manifestacións que o expresan e o alimentan.
- CEIP Frián-Teis (Vigo): 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero
- CPI Cabo da Area (Laxe): Lecturas para un 25N diferente
- CPI da Cañiza (A Cañiza): 25 de novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero
- EEI Barrionovo (Arteixo): Guía CONTRA a Violencia de Xénero - Stopmotion: Di non e punto
- IES Concepción Arenal (Ferrol): Tríptico da semana contra a violencia de xénero
- IES Laxeiro (Lalín): 25 N. Novamente
- IES Marqués de Sargadelos (Cervo): 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero-- Non á violencia de xénero
- IES Pazo da Mercé (As Neves): Día 25 de Novembro
- IES Santiago Basanta Silva (Vilalba): Todo o centro contra a violencia de xénero (varias entradas sobre o 25N)
- IES Xoán Montes (Lugo): Día contra a Violencia de Xénero
Aprender a investigar. Proposta para 4º e 6º de primaria (libre configuración)
Como atopar un libro na biblioteca
Desde o CEIP Sofía Casanova, de Culleredo (A Coruña), chéganos esta ferramenta para a formación de usuarios e usuarias da biblioteca escolar: Como atopar un libro na biblioteca. Coñecemos tamén que a biblioteca ten un STAB, un Servizo Técnico de Axuda á Biblioteca, formado polo alumnado colaborador, cunhas funcións moi concretas que aparecen tamén recollidas nesta presentación:
30 de xaneiro: a Cultura de Paz nas bibliotecas escolares
Avanza o mes de xaneiro cara unha data ben significativa no ámbito educativo, o Día EScolar pola Paz (30 de xaneiro) que conmemora a morte de Mahatma Gandhi, hai agora 67 anos. Os centros educativos acostuman aproveitar esta data para traballar de forma intensiva contidos propios da Cultura de Paz:
"Posto que as guerras nacen na mente dos homes, é na mente dos homes onde deben erixirse os baluartes da paz" (Declaración da Constitución da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura)
- CEIP de Andrade(Pontedeume, A Coruña): Paz 2015
- CEIP Antonio Pedroso Latas (Viviero, Lugo): Celebramos o Día da Paz
- CEIP de Bandeira (Silleda, Pontevedra): Lecturas pola Paz
- CEIP Barrie de la Maza (Santa Comba, a Coruña): Inimigos ou amigos. Día da Paz
- CEIP Cabada Vázquez (A Estrada, Pontevedra): Día da Paz 2015
- CEIP de Cervo (Cervo, Lugo): Música para a Paz -- Cancións para a Paz
- CEIP de Cespón (Boiro, A coruña): Malala no noso xornal
- CEIP Coirón - Dena (Meaño, Pontevedra): Día Escolar da Paz
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo, A Coruña): Así foi o noso Día da Paz
- CEIP Filomena Dato (BArbadás, Ourense): Paz + Matemáticas -- A educación fainos libres e amigos da Paz
- CEIP Frián-Teis (Vigo, Pontevedra): Prensa, migracións e Paz -- Historias da emigración -- Así celebramos o Día da Paz
- CEIP Julio Gurriarán (O Barco, Ourense): Premios Nobel
- CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela):Libros para a Paz -- Preparando o Día da Paz
- CEIP de Leirado (Salvaterra do Miño, Pontevedra): Obxectivos de desenvolvemento do Milenio-- Aprendendo sobre a Paz
- CEIP Manuel Rodríguez Sinde (a Guarda, Pontevedra): Libros pola Paz - Receitas para a Paz
- CEIP Mestres Goldar (Vigo, Pontevedra): O noso luminoso Día da Paz
- CEIP Pena de Francia (Mos, Pontevedra): Día da Paz
- CEIP Pilar Maestú Sierra (a Pobra do Caramiñal, A Coruña): Malala e o Día da Paz
- CEIP Plurilingüe A Pontenova (A Pontenova, Lugo): Conmemoramos o Día da Paz
- CEIP Quintela (Moaña, Pontevedra): Cuestións de Paz 2015
- CEIP Rogelio García Yáñez (Ramirás, Ourense): Festexamos o Día da Paz
- CEIP Saco e Arce (Toén, Ourense): +Paz
- CEIP Salgado torres (A Coruña): No camiño... proxectando paz
- CEIP Serra de Vincios (Gondomar, Pontevedra): 30 de xaneiro, Día Escolar da Paz
- CEIP Virxe do Carme (Burela, Lugo): Malala Yousafzai -- Cantando pola Paz
- CEIP Vista Alegre (Burela, Lugo):Día Escolar pola Paz 2015
- CEIP Xesús Golmar (Lalín, Pontevedra): Paz no seu día
- CMUS Xan viaño (Ferrol, A Coruña): Concerto pola Paz -- Premios "Música para a Paz"
- CPI A CAÑIZA ( A Cañiza, Pontevedra): 30 de xaniero, día da Paz -- Traballos do alumnado -- Materiais para a Paz
- CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal, Pontevedra): O CMAL no Día da Paz -- Contos e música no Día da Paz
- EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña): Quedada para ler ... en Paz (guía de lecturas)-- Onde me encontro? rúa da Paz -- Picasso pinta PAZ -- Para merendar... en Paz
- EEI de Vilarrodís (Arteixo): Día da Paz
- IES Blanco Amor (Ourense): Imaxinado a Paz
- IES Fernando Esquío (Neda, A Coruña): Boletín Premiados Paz 2015 --Boletín Selección lecturas para a Paz 2015
- IES Fontem Albei (A Fonsagrada, Lugo): Que é para ti a Paz?
- IES Gonzalo Torrente Ballester (Pontevedra): Día da Paz e da Non Violencia
- IES Laxeiro (Lalí, Pontevedra): Lecturas Paz 2015
- IES Marqués de Sargadelos (Cervo, Lugo): As bibliotecas son o mellor escenario para a Paz
- IES Monte das Moas (A Coruña): Actividades pola Paz
- IES Pazo da Mercé (As Neves, Pontevedra): Palabras de Paz (escolma poética)-- Libros e cine sobre o Holocausto
- IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas, Pontevedra): Bo trato: contra todo tipo de violencia
- IES de Poio (Poio, Pontevedra): Radio Patio coa Paz (unha colaboración da Biblioteca eo ENDL)
- IES Rafael Dieste (A Coruña): Votación de frases sobre a Paz -- Semana da Paz
- IES San Paio (Tui,Pontevedra): Melodías de Paz -- Cine e lecturas para a Paz -- París ben vale unha Paz -- Si vis pacem, para pacem-- O sangue dos mensaxeiros -- Cando escribir non resulta de balde
- IES Xograr AfonsoGómez Sarria, Lugo): Mil grúas pola Paz -- Máis cousas para celebraro Día da Paz
- Materiais Seminario Galego de Educación para a Paz - 2015
Proxecto Interdisciplinar 1º ESO: Xogos. CPI Cernadas de Castro
O alumnado de 1º de ESO do CPI Cernadas de Castro, de Lousame, traballou nun proxecto denominado XOGOS, na materia de Proxecto Interdisciplinar, durante o curso 2013/2014. Este traballo mereceu un dos premios do Concurso de Traballo por Proxectos, na modalidade de Proxecto Interdisciplinar de 1º ESO, de temática científica (boa parte do traballo está relacionada relaciona os xogos e as ciencias ou a tecnoloxía).
Inveestigar sobre xogos e xoguetes, construílos, aprender a xogar, ensinar a outros, realizar maquetas, amosar os seus traballos nun blogue, facer a presentación das súas investigacións a través do kamishibai... foron algunhas das actividades levadas a cabo durante o desenvolvemento do proxecto.
Proxecto Interdisciplinar 1º ESO: Danzas tradicionais de Cangas. IES Monte Carrasco
O Proxecto Interdisciplinar é unha materia de 1º de ESO, cunha carga lectiva dunha hora semanal, que está orientada a que o alumnado adquira as habilidades necesarias para poder realizar traballos de investigación con distintas fontes informativas, e a guiar a súa propia aprendizaxe, a través da realización de traballos concretos mediante a metodoloxía de proxectos, cun enfoque interdisciplinar. Cando a biblioteca escolar ten clara a súa función, apoia de forma incondicional ao profesorado que imparte esta materia e, en ocasións, son os membros do equipo de biblioteca quen se encargan de impartila, porque atopan unha ocasión única para impartir os contidos ALFIN, esa cuestión urxente no ensino secundario.
AS DANZAS TRADICIONAIS DE CANGAS é o proxecto presentado polo IES Monte Carrasco (Cangas do Morrazo) que acadou premio no Concurso de Traballos por Proxectos, na modalidade de Proxecto Interdisciplinar de 1º de ESO. O traballo desenvolvido ao longo do curso 2013/2014 conseguíu que o alumnado de 1º de ESO coñecese en profundidade as danzas tradicionais do seu concello, un patrimonio cultural de gran valor; que interrelacionase con membros da comunidade escolar e con institucións culturais de Cangas para recabar información, para aprender a facer os traxes e mesmo a bailar unha das danzas, a danza de Darbo, parroquia na que está ubicado o centro. O proxecto estivo coordinado por un membro da biblioteca escolar e esta foi unha ferramenta fundamental para todo o traballo de documentación, como é a súa función.
Proxectos de investigación: A Arte da Natureza. CPI Virxe da Saleta
Os alumnos e alumnas de ensino secundario do CPI Virxe da Saleta, de San Cristovo de Cea, xunto co profesorado dos departamentos de Bioloxía e Lingua Castelá e Literatura, embarcáronse durante o curso 2013/2014 nun proxecto sobre as árbores que titularon "A Arte na Natureza",a través do cal coñeceron en profundidades as árbores máis comúns na súa contorna. Un traballo descriptivo, con recompilación de textos poéticos, imaxes artísticas e traballo lingüístico coa identificación do nome de 35 árbores en galego, castelán, inglés e francés. Toda a información está recollida en láminas, que pasaron a formar parte dos fondos da biblioteca escolar, ademais de estar dispoñibles en formato electronico.
Este traballo foi merecedor dun premio no concurso de Traballos por Proxectos, na modalidade de proxectos de investigación, con temática científica.
- PROXECTO A ARTE NA NATUREZA
- A ARTE DA NATUREZA. O PROXECTO NA WEB DO CENTRO
- A BIBLIOTECA na web do CPI SAN CRISTOVO DE CEA
Proxecto de investigación: O niño de Cecilia. CEIP Juan Rey
O alumnado de ensino infantil do CEIP Juan Rey (Lourenzá, Lugo) aprendeu moito sobre os paxaros e os seus niños con este proxecto titulado "O niño de Cecilia", que levaron a cabo no 3º trimestre do curso 2013/2014. Este traballo mereceu un dos premios da modalidade Proxecto de investigación de ciclo/departamento (temática científica), no Concurso de Traballos por Proxectos.
A partir dunha anécdota real (A Cecilia trouxéranlle seus pais como agasallo, logo dunha viaxe a Francia, un niño artificial de paxaros), iinventaron un conto "O niño de Cecilia", nvestigaron sobre as aves e os seus niños, observáronas con atención e tomaron boa nota nas correspondentes fichas de observación, fixeron un libro sobre os paxaros, elaboraron un libro de recitas con ovos...
Proxecto de investigación: Proxecto Chuny Vázquez. CEIP Manuel Rodríguez Sinde
Chuny Vázquez é o nome polo que se coñece á escritora e pintora de A Guarda María Asunción Vázquez Vicente. E Chuny Vázquez é o título do proxecto de investigación que levaron a cabo os alumnos e alumnas de 1º e 2º cursos de ensino primario, coas súas titoras e a colaboración da biblioteca e do Equip de Dinamización da Lingua Galega. Este traballo mereceu un dos premis outorgados na resolución do Concurso de Traballos por Proxectos desenvolvidos durante o curso 2013/2014, na modalidade de proxecto de inveestigación de ciclo/departamento, de temática xenérica.
O alumnado traballou concretamente o xénero da biografía e para realizar a desta artista da súa localidade, tiveron que facer pescudas bibliográficas, achegarse ás súas pinturas e aos seus escritos, preparar e levar a cabo unha entrevista coa pintora, planificar e desenvolver todo o traballo de investigación e elaborar a biografía final, entre outras actividades.