Convocase procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións do corpo de profesores de relixión de primaria, especialidade relixión evanxélica e de relixión secundaria, especialidade relixión evanxélica

Ven, 22/09/2023 - 10:10

Xúntase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións do corpo de profesores de relixión de primaria, especialidade relixión evanxélica (701402) e de relixión secundaria, especialidade relixión evanxélica (702403), (código de procedemento ED003A).

Prazo de presentación de solicitudes: desde o luns día 25 de setembro de 2023 ata o día 29 de setembro de 2023, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación xunto co impreso de autobaremación de méritos, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.

4º Lembre que deberá anexar coa solicitude, ademais da documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procedemento ED003A.