×

Mensaxe de erro

  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->load() (liña 175 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).
  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->cacheGet() (liña 391 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).

Alerta de nivel LARANXA por refachos de vento durante o día 18 de decembro en Galicia

Mar, 18/12/2018 - 09:29

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h, que comezou na noite de hoxe, martes día 18.12.2018 e prolongarase ata as 15:00 horas do día 18.12.2018. Este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica de suroeste da Coruña, oeste da Coruña, Rías Baixas (Pontevedra), interior de Pontevedra e a Mariña de Lugo.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

1. A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas de predición meteorolóxica afectadas.
2. A autoridade educativa comunicará esta incidencia ás direccións dos centros escolares afectados, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.
3. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.

Menú Advertisement

Alertas e avisos

Sen términos