Ampliación do primeiro prazo de presentación de solicitudes para as comisións de servizos en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde

Lun, 30/04/2018 - 08:50

Amplíase o primeiro prazo para solicitar unha comisión de servizos por razóns de saúde (para o persoal que non participou no concurso de traslados) ata o 3 de maio de 2018

Xúntase a Orde do 20 de abril de 2018 pola que se modifica a Orde do 30 de abril de 2007 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e por petición da interesada ou interesado, dos funcionarios dos corpos docentes en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde (Diario Oficial de Galicia número 48, do 8 de marzo; corrección de erros do 11 de maio).