Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Convocatoria do Proxecto Educación Dixital para o curso 2015/2016

Está publicada no DOG a Resolución do 30 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital E-DIXGAL durante o curso 2015/2016.

Esta iniciativa ten como obxecto favorecer a incorporación xeneralizada das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) no desenvolvemento da actividade educativa, poñendo a disposición dos centros un entorno virtual de aprendizaxe. Esta plataforma ou EVA aloxará os libros e outros materiais dixitais cos que poderá desenvolverse a totalidade do currículo.

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, rematando o xoves 11 de xuño.

Poden participar nesta convocatoria os centros adscritos á rede Abalar que impartan ensinanzas de 5º de Educación Primaria e/ou 1º de ESO durante o curso 2015-2016.


Características:

  • Os centros manterán o programa un mínimo de 2 anos.
     
  • Os materiais poderán utilizarse tanto online como offline.
     
  • Os centros participantes contarán co asesoramento, asistencia técnica e seguimento da rede de formación Permanente do profesorado, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e os servizos de inspección educativa.
     
  • Debe propoñerse unha persoa responsable da coordinación do proxecto.
     
  • O EVA incorporará libros de dúas editoriais, podendo elixir calquera delas, combinalas ou empregar materiais dixitais proporcionados polo centro. Pódense ver as mostras dos libros das editoriais nos seguintes enlaces:

 Acceso ás mostras dos contidos da editorial Netex
   Usuario: Edixgal
   Contrasinal: Edixgal

 Acceso ás mostras dos contidos da editorial Edebé
   Usuario: Edixgal
   Contrasinal: Edixgal


Documentación necesaria

  • Solicitude segundo o modelo do anexo da convocatoria.
     
  • Proxecto concretando a implantación no centro segundo o guión do punto cuarto da convocatoria.

Os centros que na actualidade están en E-DIXGAL en 5º de Educación Primaria e pidan a continuidade na Educación Secundaria Obrigatoria non é necesario que entreguen este proxecto, pero si deben presentar a solicitude.

 

Máis información:

Portal web espazoAbalar

Correo electrónico: asesoria.tic@edu.xunta.es

Teléfono: 981 546 514