Publicada a resolución provisional do concurso de traslados do persoal funcionario docente do corpo de mestres para o ano 2015
Mar, 24/03/2015 - 10:05
Publicada a resolución provisional do concurso de traslados do persoal funcionario docente do corpo de mestres convocado pola orde do 30 de outubro de 2014 (DOG do 5 de novembro).
A adxudicación, e a relación de excluídos pode consultala no enderezo www.edu.xunta.gal/cxt
- Lémbrase que o prazo para presentar reclamacións ou renuncias é de cinco días naturais, do 25 ao 30 de marzo.