Folletos Web Ciclo
A competencia xeral deste título consiste en fabricar elementos de carpintaría e mobles, realizando os procesos de mecanizado, montaxe, acabamento, almacenamento e expedición de produtos, cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.
Este profesional exerce a súa actividade nas industrias dedicadas á fabricación e a montaxe de moblaxe e elementos de carpintaría, e na aplicación de produtos de acabamento.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | |
---|---|---|---|
1º | MP0542 | Control de almacén | LOOIFP |
1º | MP0156 | Inglés profesional | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | |
1º | MP0538 | Materiais en carpintaría e moble | |
1º | MP0540 | Operacións básicas de carpintaría | |
1º | MP0541 | Operacións básicas de moblaxe | |
1º | MP0539 | Solucións construtivas | |
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | |
2º | MP0547 | Acabamentos en carpintaría e moble | LOE |
2º | MP0543 | Documentación técnica | |
2º | MP0549 | Empresa e iniciativa emprendedora | |
2º | MP0550 | Formación en centros de traballo | |
2º | MP0544 | Mecanizado de madeira e derivados | |
2º | MP0545 | Mecanizado por control numérico en carpintaría e moble | |
2º | MP0546 | Montaxe de carpintaría e moble |
Título de Técnico en Carpintaría e moble
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.