Convocatoria programa eduemprende Implantación de ferramentas de medios de pagamento 2022-2023

Programa enmarcado dentro do convenio de colaboración establecido entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades e a Fundación Galicia Obra Social para o desenvolvemento de actuacións conxuntas a favor do desenvolvemento do espírito emprendedor, no marco do Plan Eduemprende.

Esta convocatoria ten por obxecto fomentar a educación financeira na formación profesional de forma que o alumnado poida coñecer de primeira man o manexo de un TPV e a xestión sobre diferentes formas de pagamento.

Vai dirixida ao alumnado que curse ensinanzas de formación profesional nas familias de Administración e Xestión, Hostalería e Turismo, Comercio e Márketing e Sanidade en centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, nos que ditas ensinanzas estean sostidas con fondos públicos.

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, é dicir, desde o 22 de decembro de 2022 ata o 2 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

A solicitude debe remitirse asinada polo/a director/a do centro educativo. Os anexos deben enviarse en formato pdf, cubertos dixitalmente, e non como documento escaneado.

Etiquetas: