Admisión a ciclos formativos. Ciclos e módulos formativos con prazas dispoñibles

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas dispoñibles desde o día 15 de setembro ás 9:00 horas ata o día 24 de setembro ás 13:00 horas. Na 1ª adxudicación extraordinaria só se liberan prazas en ciclos de grao superior.

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para as ensinanzas correspondentes.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas dispoñibles. A matrícula realizarase por orde de chegada.

Para solicitar a matrícula en ciclos do réxime ordinario con prazas liberadas empregarase o anexo I.

Para solicitar a matrícula en módulos do réxime para as persoas adultas con prazas liberadas empregarase o anexo II.

A matrícula en calquera ciclo con prazas dispoñibles implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.

 

Réxime ordinario

 

Réxime para as persoas adultas

Modalidade presencial

  
Modalidade distancia

Nota informativa. Título de BUP

Poderán solicitar matrícula condicionada no réxime para as persoas adultas en ciclos de grao superior con módulos con prazas dispoñibles as persoas que cumpran o seguinte:

  • Ter accedido en cursos anteriores a ciclos de grao superior do réxime para as persoas adultas co título de BUP ao amparo do establecido na disposición adicional 3ª da Lei Orgánica 8/2013, que na actualidade está derrogada.
  • Ter módulos superados do ciclo no que desexan matricularse.

Para máis información deberán dirixirse ao centro que conte con prazas dispoñibles.

Etiquetas: 
Tema: