IES San Mamede (Maceda-Ourense). Visita á empresa Posada marrón Glacé
Terceira xornada de fomento do emprendemento dentro do programa Atrévete Ourense que se enmarca dentro do Plan eduemprende.
Os alumnos/as do IES San Mamede, de Maceda (Ourense), visitaron o 21 de marzo a Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao onde foron recibidos pola xerente Dona Yolanda Vázquez quen reflexionou xunto co alumnado sobre a cultura emprendedora.
Nesta xornada tamén contaron coa visita do xerente da empresa Posada Marrón Glacé de quen recibiron explicacións sobre a súa experiencia persoal dentro do sector empresarial. Despois acompañou aos alumnos/as nun percorrido pola empresa onde se familiarizaron co proceso de fabricación destes produtos.