O alumnado estivo moitos meses, dende o ano 2020, sen poder facer actividades extraescolares pola pandemia do Covid mais a mellora das condicións sanitarias, en xuño de 2022, facilitou as saídas do centro educativo. Estudantes de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de ESO realizaron, o 14 de xuño, un Itinerario xeolóxico-ambiental pola costa de Lugo recibindo as explicacións da profesora de Xeoloxía do Departamento C. Tizón. O mesmo Itinerario e coas explicacións de C.Tizón, realizárono, o 15 de xuño, estudantes de 4º de ESO e de 1º de Bac.