Skip to Content

ITINERARIO XEOLÓXICO-AMBIENTAL POLA COSTA DE LUGO

O alumnado estivo moitos meses, dende o ano 2020, sen poder facer actividades extraescolares  pola pandemia do Covid mais a mellora  das condicións sanitarias, en xuño  de 2022,  facilitou as saídas do centro educativo. Estudantes de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de ESO realizaron, o 14 de xuño, un Itinerario xeolóxico-ambiental pola costa de Lugo recibindo as explicacións da profesora de Xeoloxía do Departamento C. Tizón. O mesmo Itinerario e coas explicacións de C.Tizón, realizárono, o 15 de xuño, estudantes  de 4º de ESO e de 1º de Bac. Estudaron a orixe  xeolóxica, a evolución das formas e o estado dos  ecosistemas  de lugares como a Praia das Catedrais, o modelado litoral en Foz, pregues do Porto de Burela, modelado granítico na Frouxeira e  visita á canteira de caolín no Monte Castelo, en Burela, guiados polos responsables da mina.

AdxuntoTamaño
1º ESO na mina de Burela.jpg68.77 KB
4º ESO e 1º Bac .Mina de caolín .jpg67.15 KB
A Frouxeira .JPG41.33 KB
As Catedrais 1º ESO coa profesora .JPG36.63 KB
As Catedrais 4º ESO e 1º Bac coas profesoras.JPG32.76 KB
Experimentando na Mina de caolín de Burela.jpg66.43 KB
Mina de caolín de Burela.jpg63.87 KB
Pregues de Burela.JPG65.25 KB


story | by Dr. Radut