Os alumnos de 2º de Bacharelato Pablo Alonso Cora, José Manuel Álvarez Basanta e Agustín Sesar Moreiras recibiron o segundo premio no VII concurso de curtametraxes para escolares relacionado coa doazón e os transplantes de órganos, organizado pola Axencia de Doazón de Óganos e Sangue.
A pasada semana acudiron a Santiago á recepción do premio acompañados polo seu profesor Paco Janeiro e por compañeiros do IES Illa de Sarón, tamén premiados.