Este curso 2017-18 o IES Vilar Ponte celebra os seus primeiros 50 anos de vida.
Con motivo desta celebración, a comunidade educativa está organizando unha exposición colectiva na que nos gustaría que todos vosoutros, alumnos, persoal docente e non docente de hoxe e de onte participásedes achegándonos algunha lembranza.
Calquera obxecto que vos lembre os anos de instituto, fotos de excursións, de grupos, recortes de prensa, boletíns de notas... calquera cousa.
Debedes indicar o voso nome e ano no que estivestes no centro para organizala por anos (e logo poder devolvelos)
Se queredes participar, o correo electrónico do centro é: ies.vilar.ponte@edu.xunta.es.
Tamén nos podes seguir en twiter: @vilarponte